ALCALDÍA
Máis de 600 directivos de Leroy Merlin reúnense en Santiago nunha xornada solidaria
Un hábitat adaptado a todos. Baixo esta premisa, máis de 600 directivos da empresa Leroy Merlin desenvolveron en Compostela unha serie de accións de carácter solidario, no marco da súa Convención Anual.
BENESTAR SOCIAL
Down Compostela inaugurou a súa nova sede
As novas instalacións de Down Compostela foron inauguradas na súa ubicación no barrio de Conxo, na rúa Alejandro Novo González. O edificio, de 1.000 metros cadrados de superficie, supón un salto cualitativo para a Asociación e para a Fundación Down Compostela, "xa que nos permitirán prestar unha atención de calidade ás persoas con síndrome de Down de Santiago e da súa área de influencia", explicou o presidente da entidade, Juan Martínez.
FACENDA
O orzamento de 2006 liquídase cun saldo positivo de case 8,8 millóns de euros
O concelleiro de Facenda, Carlos Nieves, deu conta da liquidación do orzamento do ano 2006, que se pechou cun saldo positivo de 8.791.079 euros. Ao seu xuízo, estes resultados son "o exemplo do bo facer en termos financeiros" do Concello de Santiago.
PLENO
Compostela irmandarase con Santiago do Cacém
Santiago de Compostela engade outra cidade á lista daquelas que levan o nome do Apóstolo e coas que se está irmandada. Trátase nesta ocasión dunha vila lusa, Santiago do Cacém, cuxo irmandamento e o inicio dos trámites para o mesmo foi aprobado por unanimidade no Pleno municipal.
CULTURA
Cultura regalará un libro a aquelas persoas que merquen dous exemplares nas casetas de exposición durante a Feira do Libro de Santiago de Compostela
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asinou un convenio de colaboración coa Agrupación de Libreiros de Santiago-Federación de Libreiros de Galicia por valor de 7.000 euros para o desenvolvemento da XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela, que se desenvolve dende o 27 de abril ao 6 de maio no paseo central da Alameda de Santiago.
PLENO
Seis novos nomes de rúas en Belvís, Fontiñas Meixonfrío
O Pleno municipal aprobou a denominación para seis novas rúas: dúas en Meixonfrío, dúas en Belvís e outras dúas en Fontiñas. A urxencia da aprobación destes nomes radica en que catro delas xa están habitadas e dúas máis están a piques de estalo.
CULTURA
Pisando Ovos, co seu espectáculo "No intre 1800", abrirá o programa de SCQ Danza
Presentouse o programa do festival SCQ Danza, que traerá, ate o mes de xuño, catro actuacións. A compañía galega Pisando Ovos será a encargada de inaugurar o programa co seu espectáculo "No intre 1800".
EMPRESAS MUNICIPAIS
Emuvissa e Tussa aproban con beneficios as contas de 2006
Os consellos de administración das empresas municipais Emuvissa e Tussa aprobaron as contas do exercicio 2006, en ambos casos con beneficios. No caso da Empresa Municipal de Vivenda e Solo, o saldo positivo foi de 678.577 euros, mentres que a Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago tivo un beneficio de 87.139 euros.