CINEMA
Curtocircuíto consolídase como referente da proxección internacional de Compostela
Chega unha nova edición de Curtocircuíto, o Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, consolidado xa como un dos referentes na proxección internacional da nosa cidade. Con esta edición de 2007 o evento aspira a confirmar tamén o seu papel no panorama do cinema internacional, particularmente no xénero da curtametraxe.
UMAD
A UMAD pon en marcha un taller sobre sexualidade e saúde
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes vai poñer en marcha os vindeiros días 13, 14 e 15 de marzo o obradoiro "Sexualidade e Saúde", dirixido ao colectivo de gais e lesbianas. Estará encamiñado a promocionar hábitos saudables e medidas de prevención de VHI e ETS.
EDUCACIÓN
Inicio do Programa de concertos didácticos de música tradicional
Un grupo de alumnos de primaria dos colexios Pío XII e López Ferreiro serán os primeiros en participar, o mércores 7, no Programa de concertos didácticos de música tradicional. Este programa achegará este tipo de música aos centros de ensino a tradición musical galega.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha exposición abre as actividades de "Marzo, mes do comercio"
Comezan as actividades de "Marzo, mes do comercio" co obxectivo de dinamizar o comercio compostelán despois do intenso periodo de rebaixas. As actividades programadas teñen unha dobre finalidade: dar protagonismo ao comercio nun mes no que xeralmente non o ten e sentar as bases dun programa que se repita no mes de marzo, recoñecéndolle ao comercio seu valor.
ALCALDÍA
O Teatro Principal acolleu a proxección de catro curtametraxes sobre a muller contemporánea
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, participaron na proxección de catro curtas relacionadas coa realidade actual da muller. A exhibición celebrouse no Teatro Principal e enmárcase no programa de actos previstos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o xoves 8 de marzo.
CONSUMO
As comunidades de propietarios, protagonistas da primeira das charlas-coloquios organizadas pola OMIC
Os actos de celebración do Día dos Dereitos das Persoas Consumidoras e Usuarias comezan o mércores 7 cunha charla sobre as comunidades de propietarios. O coloquio terá lugar no Centro Social e Xuvenil do Ensanche ás 20:00 horas. Intervirán a representante da Unión de Consumidores de Galicia (UGAL), Rocío Arnoso Moure, e o axente de propiedade inmobiliaria Rafael Rodríguez Rey. Hai que destacar que a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) vén de presentar unha publicación con información...