REHABILITACIÓN
A rehabilitación integral dos barrios, a debate en Compostela
Os días 22, 23 e 24 de marzo celebraranse en Santiago as xornadas "Barrios en (re)construción. Novas ideas para a rehabilitación integral dos barrios na cidade futura". A concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentou este evento, que se enmarca no proceso de cualificación de áreas de rehabilitación integral (ARI) no que está a traballar o Concello.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Reabrir o debate sobre o trazado do AVE suporía unha total irresponsabilidade que recaería sobre os que a aceptaran"
O alcalde compostelán expresou o seu rexeitamento ás manifestacións realizadas polo presidente da Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias), Antonio González Marín, na súa comparecencia parlamentaria, sobre a posibilidade de modificar o trazado do AVE ao seu paso polos concellos de Vedra e Boqueixón, Sánchez Bugallo, considera que aceptar a posibilidade de reabrir este debate "suporía unha total irresponsabilidade que recaería sobre os que a aceptaran".
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Medio milleiro de persoas asiste ás II Xornadas técnicas sobre os programas experimentais de inserción laboral
O Palacio de Congresos de Santiago acolle as II Xornadas técnicas sobre os programas experimentais de inserción laboral: claves para a innovación na orientación profesional e laboral nun mundo globalizado. Unhas mil persoas participan neste seminario.
TURISMO
O Convention Bureau presenta os seus servizos ao profesorado da USC
O Santiago de Compostela Convention Bureau presenta os seus servizos ante decanos e responsábeis de departamentos da Universidade de Santiago, a fin de reforzar a súa capacidade para convocar e captar congresos para a cidade.