PERSOAL
Pechado o acordo retributivo co persoal municipal
O Goberno municipal pechou coas centrais sindicais CIG e CC.OO. un acordo que determinará o incremento das retribucións dos empregados municipais para os vindeiros anos. A súa vixencia rematará no 2010.
CULTURA
O portugués, ao alcance da man
"Aprende em 25 segundos a ler em portugués" é o título dunha campaña que pretende concienciar aos cidadáns do sinxelo que é acceder ao portugués para un galego. Esta iniciativa está a permitir repartir en centros de ensino e librarías dípticos e marcadores de libros coas equivalencias máis xerais entre os dous idiomas.
FESTAS
Máis de 126.000 euros para as festas do Antroido
O Goberno local aprobou un orzamento de 126.830 euros para as festas do Antroido 2007. O concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, presentará en breve o programa detallado destas celebracións, que terán lugar entre o 17 e 21 de febreiro.
EDUCACIÓN
12 mozos e mozas poderán viaxar a París
O Concello de Santiago participará no programa "Vivir o mundo: vivir Europa", convocado pola Deputación da Coruña, tal como acordou a Xunta de Goberno. Esta iniciativa permitirá a 12 mozos e mozas, de entre 12 e 14 anos, viaxar a París no mes de abril.
URBANISMO
Aprobado o proxecto de compensación do SUNP-4 do Camiño Francés
A Xunta de Goberno local aprobou de xeito definitivo o proxecto de compensación do solo SUNP-4, no Camiño Francés. Cómpre lembrar que se trata da área onde se construirá o futuro centro comercial das Cancelas e varios bloques de vivendas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
A Rede Sociocultural Municipal renova o seu Programa de dinamizadores
A Concellaría de Centros Socioculturais destinará 96.098 euros ao Programa de dinamizadores da Rede Sociocultural Municipal. O obxectivo do programa é o desenvolvemento de actividades culturais e de tempo libre nos centros que posibiliten a colaboración do voluntariado.
EDUCACIÓN
Visitas guiadas para introducir aos máis novos no mundo da arquitectura
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, en representación do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o decano-presidente do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña, veñen de asinar un convenio de colaboración para a posta en marcha de visitas guiadas pola cidade para os escolares composteláns.
ALCALDÍA
Matemáticos e físicos danse cita en Santiago
Compostela acolle do 5 ao 8 de febreiro o IV Internacional Meeting on Lorentzian Geometry. Trátase dunha serie de congresos que reúnen a matemáticos e físicos para falar de temas como a relatividade.