MEDIO AMBIENTE
O Concello premia un ano máis con estancias de turismo rural o bo uso do colector amarelo
A concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano presentou unha nova edición da campaña informativa para mellorar o uso do colector amarelo. E un ano máis, este esforzo terá premio, en forma de 15 estancias dun fin de semana nunha casa de turismo rural.
EDUCACIÓN
Os máis novos achegaranse á tradición musical galega
A Concellaría de Educación e Mocidade pon en marcha un ano máis o Programa de concertos didácticos de música tradicional, que achegará aos centros de ensino a tradición musical galega. Uns 3.500 escolares de primaria e secundaria de 20 centros están chamados a participar, en horario lectivo, desta iniciativa, que converte á música nun mecanismo de desenvolvemento sociocultural, político e económico.
CULTURA E EDUCACIÓN
O I ciclo "Revelando voces" en Compostela comeza cun concerto de Xavier Díaz
As Concellarías de Cultura e Educación e Mocidade veñen de por en marcha un proxecto para que os novos intérpretes composteláns se dean a coñecer no mundo musical da cidade apoiados por artistas xa máis recoñecidos. O ciclo "Revelando voces" acollerá no mes de marzo os concertos de sete artistas que mostrarán ao público o seu traballo dos últimos anos.
CULTURA
O Principal acolle a estrea do documental "China Blue"
O Teatro Principal converterase de novo en pantalla de cine para a estrea do documental "China Blue", realizado polo director israelí Micha X. Peled. Este filme enmárcase na campaña "Roupa Limpa", que promove un comercio téxtil xusto e denuncia a explotación neste sector.
VIVENDA
Concedida a licenza de primeira ocupación para os polígonos de Volta do Castro e Belvís
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, mantivo unha reunión con técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo, trala cal quedaron resoltos os problemas que afectaban á concesión da licenza de primeira ocupación dos polígonos 16 (Volta do Castro) e 9 (Belvís), promovidos polo IGVS e xa rematados.
CONSORCIO
O Concello asumirá a titularidade da Selva Negra para convertila nun gran parque forestal público
A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago acordou a compra aos seus 14 propietarios da finca da Selva Negra, por un importe de 4,12 millóns de euros. O órgano interadministrativo cederá este espazo, de 207.088 metros cadrados, ao Concello de Santiago, que o convertirá nun gran parque forestal público.