CASCO HISTÓRICO
Todo listo para o inicio das obras de acondicionamento da Praza de Cervantes
As obras na Praza de Cervantes están listas para o seu comezo, trala adxudicación da dirección da obra. Esta actuación suporá un investimento de 420.708 euros.
REHABILITACIÓN
O Concello selecciona o primeiro dos inmobles beneficiario do Programa de edificios tutelados
Un inmoble situado na Rúa do Medio, 65, composto por tres vivendas, foi o primeiro seleccionado polo Concello para participar no novo Programa de edificios tutelados. As obras neste edificio terán un custo total de 518.788 euros.
BENESTAR SOCIAL
Máis de tres millóns de euros para a prestación de servizos sociais
O Concello solicitará á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar unha subvención de 3.045.222 euros, destinados á prestación concertada de diversos servizos sociais. Esta petición, en resposta a unha convocatoria do organismo autonómico, pretende renovar algúns dos programas en funcionamento e a posta en marcha doutros novos en 2007.
AUDITORIO
O Auditorio ofrece unha visión global da obra plástica de Luís Seoane a través de 45 dos seus óleos
Un total de 45 óleos de Luís Seoane, a maioría deles pezas nunca expostas ata agora en Galicia, conforman a mostra "Luís Seoane, da costa de Circe á costa da Morte". A exposición inaugurarase o martes 27 de febreiro e permanecerá no Auditorio de Galicia ata o 29 de abril.
CULTURA
Ananda Dansa repasa no Principal 25 anos de traxectoria
"Alma" é o novo espectáculo da compañía Ananda Dansa, que estará no Teatro Principal o martes 27 e o mércores 28 de febreiro. Nesta actuación repasan os seus 25 de traxectoria.
EDUCACIÓN
Preséntase o programa educativo e unidades didácticas de "Non queimes o futuro"
A Consellería de Medio Rural e a Asociación Sociopedagóxica Galega están a poñer en marcha un programa de sensibilización medioambiental que leva por título "Non queimes o futuro", destinado especialmente aos centros escolares de primaria e secundaria de Galicia. A Conellaría de Educación e Mociade colabora con este programa pretende sensibilizar ao alumnado sobre a catástrofe que supón o lume forestal e crear unha conciencia activa na defensa do medio rural e natural.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago adhírese á Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local
A Xunta de Goberno aprobou a adhesión do Concello de Santiago como socio fundador á Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local (REDEL). Está previsto que Compostela acolla, na primeira quincena de xullo, a primeira reunión de REDEL. A Rede nacerá o 1 de marzo, logo do acordado nunha reunión celebrada o 31 de xaneiro en Bilbao, á que asistíu o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, en representación do Concello de Santiago. No encontro concretaránse as accións contempladas...
CULTURA
Sons da Diversidade comezou a súa cuarta edición coa presentación do último disco do grupo galego Milladoiro
O ciclo de música Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura, comezou o sábado 24 de febreiro a súa cuarta edición, coa presentación do último disco do grupo galego de música folk Milladoiro. Esta primeira parte do 2007 traerá até o vindeiro mes de xuño á nosa cidade a artistas da talla de Khaled, Sara Tavares, Adriana Calcanhotto ou Dominique A.