TURISMO
Santiago promove o seu novo Fórum Gastronómico en Girona
Turismo de Santiago estará presente no Fòrum Gastronòmic de Catalunya, que ten lugar no Palacio de Congresos e a Feira de Girona do 17 ao 21 de febreiro, para dar a coñecer o seu Fórum Gastronómico do 2008 ante o público especializado.
ALCALDÍA
Recepción ao ex primeiro ministro de Romanía
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ex primeiro ministro de Romanía, Petre Roman.
URBANISMO
Medio Ambiente remitiu o seu informe sobre o PXOM
A Consellería de Medio Ambiente remitiu o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Tal como anunciara anteriormente o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o departamento autonómico unicamente solicitou algunha información complementaria.
AEROPORTO
A nova terminal de Lavacolla estará lista para o Ano Xacobeo de 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA) xa ten listo o proxecto da nova terminal aeroportuaria de Lavacolla. Suporá un investimento de 180 millóns de euros e estará operativa antes do Ano Santo de 2010.
TURISMO
A Radio Televisión Italiana grava un programa sobre Santiago
O prestixioso espazo de viaxes "Voyager: ai confini della conoscenza" gravará durante catro días un programa sobre Santiago de Compostela e o Camiño, que será emitido na RAI 2.