PLENO
Cambios nas empresas municipais e en varias comisións informativas
A incorporación de Carlos Nieves e Guadalupe Rodríguez como concelleiros e o cesamento dos seus predecesores motivou o cambio de representantes do Grupo Municipal Socialista en varias empresas municipais e comisións informativas. Así se ratificou no Pleno extraordinario celebrado en Raxoi
TURISMO
Dous voos diarios de Clickair conectarán Santiago con Barcelona a partir do 1 de abril
A nova compañía aérea Clickair presentou en Santiago o inicio da súa actividade dende o aeroporto de Lavacolla. Dende o 1 de abril haberá dous vos diarios entre Santiago e Barcelona.
CONSORCIO E TURISMO
Música e patrimonio para a Semana Santa compostelá
Santiago de Compostela acollerá durante a Semana Santa a segunda edición do Festival de Músicas Contemplativas, un proxecto deseñado e organizado polo propio Consorcio de Santiago co obxecto de aunar arquitectura e música en relación co patrimonio restaurado e rehabilitado polo propio Consorcio.
COMERCIO
Andrómenas faise co III Concurso Municipal de Escaparatismo
Andrómenas é o comercio gañador do o III Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping" , fallado o 14 de febreiro, que convoca a Concellaría de Promoción Económica e Comercio. É o segundo ano consecutivo que gaña este concurso, xa que no ano 2005 tamén quedou en primeiro lugar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As corais de Santiago inician as súas actuacións nos centros socioculturais
O venres 16, ás 20:00 horas, iníciase no Centro Sociocultural do Castiñeiriño o percorrido das corais da cidade polos distintos centros socioculturais. Nesta sesión inaugural actuará a Coral Polifónica La Salle e a Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos no Centro Sociocultural do Castiñeiriño o calendario de actuacións de corais nos centros socioculturais da cidade.
RELACIÓNS VECIÑAIS
O Consello de Relacións Veciñais perfila o Regulamento para a Casa das Asociacións
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Relacións Veciñais. No mesmo debateuse sobre a proposta de regulamento para o funcionamento da Casa das Asociacións.