FESTAS
O ambiente festivo inunda cada recuncho de Compostela
Pasou o día grande das festas, o 25 de xullo, pero o ambiente festivo continúa. Milleiros de turistas e peregrinos seguen a encher rúas e prazas dende primeiras horas da mañá e senten cos veciños de Compostela os latexos dunha cidade viva.
REHABILITACIÓN
Emuvissa aproba o convenio que fixa o Programa de Edificios Tutelados
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu o Consello de Administración da Empresa Municipal da Vivenda e Solo de Santiago de Compostela (Emuvissa), na que se aprobou o convenio que fixa o Programa de Edificios Tutelados. Esta iniciativa vai permitir nos vindeiros anos a rehabilitación e recuperación dalgúns edificios da zona histórica, que serán posteriormente alugados para recuperar o investimento realizados nos mesmos.
ALCALDÍA
O segundo clasificado do Tour de Francia, en Raxoi
O ciclista galego Óscar Pereiro segue a recibir o recoñecemento polo seu recente segundo posto no Tour de Francia. Despois das homenaxes que viviu na súa localidade natal de Mos (Pontevedra), o deportista achegouse a Compostela, onde tivo ocasión de intercambiar unhas verbas co alcalde santiagués, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Compostela e Santiago de los Caballeros, cidades irmás
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo e o alcalde de Santiago de los Caballeros (República Dominicana), José Enrique Sued, ratificaron o irmandamento que ámbalas vilas asinaran o pasado 25 de novembro en terras americanas. Nun acto celebrado en Raxoi, refrendaron os compromisos entre estas dúas cidades, que comparten nome, pero tamén experiencias comúns en cuestións turísticas, económicas, culturais e patrimoniais.
FESTAS
A Praza da Quintana rexistrará un cheo na presentación do último disco de Coti
O autor, produtor, compositor, músico e artista arxentino, Coti Sorokin regresa mañá a Santiago para presentar o seu último traballo, "Esta mañana y otros cuentos", co que xa logrou o recoñecemento da crítica e do público. As invitacións esgotáronse aos poucos días de ofrecerse. A cita será na Quintana, o xoves 27, ás 23:00 horas.