FESTAS
Joaquín Cortés chega a Santiago para presentar o seu espectáculo "Mi soledad"
O bailarín Joaquín Cortés ofrece o venres 20 unha rolda de prensa no Concello de Santiago para presentar o seu último espectáculo, "Mi soledad", que representará na Quintana o sábado 22 de xullo. Antes, ás 17:45 horas, será recibido en Raxoi polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
FESTAS
Preto de 300 músicos encheron de son as rúas compostelás
Seis bandas dos concellos de Teo, Ribadeo, Boiro, Celanova, O Rosal e Baiona percorreron as rúas do casco histórico na xornada do mércores 19. Celebrouse así unha nova e exitosa edición da Homenaxe ás Bandas Populares, que nesta ano 2006 chegaba á súa vixésimo oitava edición.
INFRAESTRUTURAS
Aberta de novo ao tráfico a estrada de San Lourenzo
A renovada estrada de San Lourenzo xa está aberta ao tráfico. Instalada a sinalización vertical e habilitados os pequenos aparcadoiros para os veciños da zona, o vieiro xa permite de novo aos automóbiles desprazarse dende a rotonda do Clínico ata Poza de Bar.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Actividades para todos e de balde no Centro Sociocultural de Conxo
No que queda de mes de xullo continúan a desenvolverse as diversas actividades programadas polo Centro Sociocultural de Conxo. Cursos, excursións, xogos e cine ao aire libre integran a ampla oferta do centro para estes días estivais.
EDUCACIÓN
Ferradura Aberta: a oferta lúdica continúa
Despois de dez días, continúan as actividades de Ferradura Aberta, que se prolongarán ata o venres 28 de xullo no Paseo da Ferradura. Unha media duns 700 rapaces están a participar cada día no programa, aberto a rapaces e rapazas de dous a catorce anos, con eventos específicos para cada grupo de idade. De luns a venres, a partir das 17:00 horas, a cita segue a ser obrigada na Alameda.
FESTAS
Luar na Lubre presenta o seu último disco en Santiago como homenaxe á emigración e ao exilio galego en Latinoamérica
As Festas do Apóstolo acollen o venres 21 o "Compostela Festival", no que participarán Luar na Lubre e Bumba, con compoñentes de Mozambique e Galicia. A cita terá lugar ás dez da noite na Praza da Quintana e a entrada é gratuíta.