ALCALDÍA
A Cámara de Comercio e o alcalde coinciden na urxente aprobación do PXOM co máximo consenso
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto con varios concelleiros, mantivo na tarde do luns 17 de xullo unha reunión co pleno da Cámara de Comercio de Santiago para explicar as liñas xerais do Plan Xeral de Ordenación Municipal na actual conxuntura, na que se pon de manifesto a súa urxente aprobación.
MULLER
"O traballo das mestras en Galicia", outra das investigacións gañadoras do premio "Xohana Torres", chega ás librarías
"O traballo das mestras en Galicia: entre a produción e a reprodución" é o título do novo libro que recolle a investigación gañadora da edición 2003 do premio "Xohana Torres". A obra de Ana Sánchez Bello toma como referencia a este colectivo de mulleres para analizar o seu papel social e para afondar nos procesos polos que se xeran as desigualdades entre xéneros.
EDUCACIÓN
Os escolares composteláns participarán en varios programas de educación viaria o vindeiro curso
Fomentar os programas de educación viaria escolar no municipio de Santiago é o obxectivo do convenio de colaboración que asinaron a concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, e o secretario executivo da Fundación RACC, Alfonso Perona. Grazas a este acordo, que estará vixente ata 2010, realizaranse diversas accións formativas durante o curso escolar.
FESTAS
Preto de 300 músicos alegrarán as rúas da zona histórica na XXVIII Homenaxe ás Bandas Populares
A XXVIII Homenaxe ás Bandas Populares presentouse nunha rolda de prensa na que estiveron presentes o concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro; o organizador da xornada, Xosé Luís Bernal (Farruco); e a representante de Caixa Galicia, Patricia Maceira. O cartel desta edición foi deseñado por Emilio Lavandeira, quen mostra nunha simpática ilustración a esencia deste evento.