ENTREVISTA
Marta Álvarez-Santullano: "A nosa é unha web aínda nova, moi completa e aberta ás achegas dos usuarios"
O portal municipal vén de ser recoñecido por el xornal El País como unha das dez mellores webs municipais de España e a mellor de Galicia. A concelleira de Reforma Administrativa, Marta Álvarez-Santullano, valora este feito e os proxectos para seguir a mellorar a páxina e os seus servizos.
XUNTA DE GOBERNO
Figueiras contará cun ampliado e reformado centro cívico
A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto de reforma e ampliación do Centro Cívico da parroquia de Figueiras. O orzamento destas obras alcanza os 314.755 euros e permitirá a ampliación lateral do edificio actual conectado co existente e a súa reforma interior. O prazo de execución das obras, pendentes de adxudicación, é de oito meses.
FESTAS
"El burlador de Sevilla" reivindica na Quintana o teatro na rúa
As Festas do Apóstolo continúan co seu programa de actividades, que se prolongará ata o o día 31 deste mes. De momento, os composteláns e turistas están respondendo á oferta ofrecida, mostra disto é que o pasado venres foron máis de 16.000 persoas as que se congregaron no Obradoiro para ser testemuñas de excepción do pregón que daba inicio ás Festas deste ano, da man de Manuel San Martín. Máis tarde, o concerto ofrecido por Rosa López, primeiro da súa xira, tamén...