CONCELLO
Nota de prensa aclaratoria
En relación á información aparecida hoxe na prensa local con respecto ao precinto do local da antiga librería Galí, no que José Manuel Bello realizaba obras, o Concello de Santiago quere aclarar que en todo momento se obrou con total transparencia e baixo o marco legal establecido. Por se hai algunha dúbida a este respecto, axuntamos punto por punto a cronoloxía do sucedido:
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Finaliza a semana cultural adicada á interacción creativa entre máquinas e persoas
Mañá sábado 24 de xuño, o Centro Sociocultural A Trisca, no último día da III Semana Cultural, propón un achegamento íntimo ao mundo das máquinas. A través de variadas actividades, o público coñecerá e experimentará con numerosas máquinas, ferramentas e instrumentos, dirixidas a fomentar a curiosidade e a creatividade.
CULTURA
Unha noite con Gabino Diego
Gabino Diego invita aos composteláns a vivir dúas noites na súa compaña no Teatro Principal. O actor trae a Santiago o seu espectáculo "Unha noite con Gabino", un "prato combinado de comedia", nas súas propias palabras. A cita é o sábado 24 o domingo 25, ás 21:00 horas.
TURISMO
Compostela estreita lazos coa cidade chinesa de QuFu
Unha delegación chinesa encabezada polo alcalde de QuFu foi recibida polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Os representantes desta cidade están en Compostela para continuar cos traballos do programa europeo Asia URBS Heritage, un plan de rehabilitación turística e patrimonial que lideran Compostela e Rennes e do que se beneficia esta vila.