VIVENDA
Aprobados os proxectos de urbanización de novos solos no Castiñeiriño e Lamas de Abade.
24/04/2006
Ler máis
A Xunta de Goberno deu o visto bo ós proxectos de urbanización dos solos SUNP-11 do Castiñeiriño e SUNP-12 de Lamas de Abade. Estes proxectos permitirán a construcción de máis de 500 vivendas protexidas.
LEMBRANZA
Máis dun cento de persoas conmemoraron o levantamento de 1846
24/04/2006
Ler máis
O domingo 23 de abril, ás sete da tarde, exactamente 160 anos despois da rendición de Solís, a Concellaría de Cultura celebrou un acto conmemorativo do levantamento de 1846. O acto, na Praza da Inmaculada, comezou cunha introdución do concelleiro Néstor Rego, seguido por unha actuación do trío de violonchelistas Chelicia e unha lectura de poemas a cargo de María do Cebreiro.