PLENOS
O pleno estudará a aprobación dos estudos de detalle da Calzada de Sar e da parcela 2 de Galeras
O xoves 29 terá lugar ás 18.30 horas a sesión ordinaria do pleno, no que, entre outros puntos da orde do día, a concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, proporá a constitución da fundación do Refuxio de Animais de Bando.
DEPORTE
A Fundación Compostela Deporte xa ten sede
O alcalde compostelán e presidente do Padroado da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo inaugurou a sede da institución, nun acto que contou coa presencia da conselleira de Cultura e Deportes, Ánxela Bugallo, o vicepresidente da Fundación e concelleiro de Deportes, Manuel Portas, así como de varios membros da corporación municipal, do Padroado, representantes das federacións e clubs deportivos de Compostela e do Consello Municipal de Deportes.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
A Escola de Música abre as súas portas ao novo curso escolar
No seu terceiro ano de andanza, a escola conta con xa cuns 230 alumnos.