ALCALDÍA
As obras de Frei Rosendo Salvado rematarán antes do previsto.
As obras de reurbanización de Frei Rosendo Salvado estarán rematadas antes do previsto, tratando de causar as mínimas molestias aos veciños e comerciantes da zona.
PRESIDENCIA E RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Santiago, escenario das sesións preparatorias do XV Cumio Iberoamericano.
Santiago de Compostela acollerá o 25 se setembro unha das reunións preparatorias da XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno que se celebrará en Salamanca os días 14 e 15 de outubro de 2005.
ALCALDÍA
As obras do entorno da Colexiata de Sar rematarán en setembro.
Ás obras de acondicionamento que o Concello está realizando no entorno da Colexiata de Sar estarán rematadas o 12 de setembro. Así o afirmou o Alcalde, Sánchez Bugallo, na visita ás obras de acondicionamento do entorno da histórica Colexiata de Sar, na que estivo acompañado polo párroco, José Porto Buceta, e polo concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama.