FESTAS
Teté Delgado exercerá de pregoeira das Festas do Apóstolo
Santiago volve a festexar do 15 ao 31 de xullo as súas tradicionais Festas do Apóstolo, nas que, entre outros artistas, actuarán David Bustamante, Manolo García, Antony and the Johnsons, Macaco, Sargento García, Chico César e Ray Lema, Verónica Codesal, Bebe, Amaral e Hombres G.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O barrio de Sar estrea novo local sociocultural
O sábado 16 de xullo, o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, inauguraba o novo centro sociocultural de Sar, situado na rúa Ponte de Sar, nº 43 (baixo).
FESTAS
As fans de Bustamante esperan na Praza do Obradoiro 24 horas antes do concerto
Gema, Ania e Tania, levan desde as doce da noite de onte, xoves 14, na Praza do Obradoiro. Ataviadas con mantas, mochilas, comida e, por suposto, coas camisetas e panos de rigor, esperan ao seu ídolo, David Bustamante, que abrirá ás 11.30 da noite de hoxe, 15 de xullo, as Festas do Apóstolo.
CULTURA
Máis de cen compañías de todo o mundo solicitan participar nas convocatorias artísticas do Festiclown Compostela 2005
A cantidade de solicitudes presentadas, así como a calidade e variedade de moitas das propostas, convirten ao Certame Intergalático no maior concurso do Estado para a presentación dos traballos de compañías que traballan no ámbito da animación de rúa e do clown.