ALCALDÍA
O alcalde asina en Zaragoza o contrato para a participación de Santiago na Expo Xangai 2010
Na súa intervención, o alcalde destacou o que supón a presenza de Santiago na Expo Universal de Xangai 2010, un ano, dixo, no que será moi importante "facer partícipes aos nosos concidadáns", ao coincidir coas celebracións do Ano Xacobeo e que suporá a "chegada da nosa cidade á súa madurez internacional".
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo celebra a súa XXIII Semana cultural
O día 9 comeza a XXIII Semana Cultural do Centro Sociocultural Aurelio Aguirre do barrio de Conxo. A primeira actividade desenvolverase xa ás 17:00 h. consistindo nun taller de deseño de camisetas. Posteriormente, ás 20:00 h, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago, Socorro García, participará na inauguración da XXIII Semana Cultural coa presentación da exposición CX en imaxes, e coa posterior actuación dos grupos de pandereteiras Brincadeira e de Conxo
XUNTA DE GOBERNO
O Ministerio de Medio Ambiente concede unha axuda para transformar o biogás xerado no vertedoiro de Piñor en enerxía eléctrica
A Xunta de Goberno Local, na súa xuntanza semanal, tratou este tema entre outros, como a aprobación do prego para subministrar novos uniformes á Policía Local ou o visto bo a un plan de asesoramento ao comercio de Santiago por importe de 30.000 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 30 de setembro remata o prazo para solicitar subvencións destinadas a novas empresas
O 30 de setembro remata o prazo para solicitar as Axudas para a creación de novas empresas e para presentarse ao Concurso de novas ideas empresariais. Ambas convocatorias, que contan cun orzamento conxunto de 68.000 euros, enmárcanse no programa de promoción do emprendemento Compostela Activa 2008 que leva a cabo a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Este programa ten como obxectivo axudar a aquelas persoas que queiran desenvolver un novo proxecto empresarial no Concello de Santiago.
TRANSPORTES
O transporte urbano amplía os seus servizos no novo horario de inverno
O vindeiro 11 de setembro comezará a nova tempada dos horarios de inverno 2008 – 2009. A súa posta en marcha, presentada polo concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, supón un importante incremento de frecuencias con respecto ao verán así como a incorporación de novos servizos que non funcionan na época estival como é o caso da liña 9.
CULTURA
A canción francesa será o fío condutor do IX Ciclo de Lied
Esta mañá deuse a coñecer en rolda de prensa o IX Ciclo de Lied, que organizan a Concellaría de Cultura, a Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo e mais a Asociación Galega da Lírica (AGL). A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o presidente da AGL, Víctor Carou, presentaron a programación do ciclo, que este ano irá dedicado á canción francesa.
Expo Xangai 2010
Bugallo asinará o luns en Zaragoza o contrato para a participación de Santiago na Expo Xangai 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acudirá este luns 8 de setembro a Zaragoza para participar na cerimonia de sinatura de contratos para a participación na UBPA-Expo Xangai 2010. Aproveitando a súa estancia na cidade, Sánchez Bugallo visitará a Expo Zaragoza 2008.
EDUCACIÓN
A galescola de San Roque ofrece 61 novas prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a escola infantil de San Roque, o terceiro equipamento destas características que pon en marcha o Concello e ao que se sumarán outros dous en breve no Polígono do Tambre e no Parque da Constitución. No acto, no que tamén estivo presente o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o rexedor da capital galega salientou o esforzo que están a realizar as administracións á hora de incrementar as prazas de infantil na cidade.
ALCALDÍA
Os soldos do alcalde e os concelleiros conxelaranse ante o novo escenario económico
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, sinalou que ante o escenario económico próximo o Concello parte da hipótese da conxelación de gasto corrente para o ano que vén, ademais da medida de conxelar os soldos do alcalde e dos concelleiros.
CULTURA
Este luns publícase o censo provisorio do Consello de Compostela Cultura
O próximo luns a Concellaría de Cultura de Santiago publicará o censo de entidades que terán dereito a participar como electoras e elixibles no Consello de Compostela Cultura. Este censo provisorio poderá ser consultado no taboleiro de anuncios do Concello no Pazo de Raxoi ou nas webs santiagodecompostela.gal e compostelacultura.org