TURISMO
Sete xornalistas británicos visitan Santiago de Compostela
Sete xornalistas da rexión británica de East Midlands, invitados por Ryanair e Turismo de Santiago, coñecerán a capital galega para promover a viaxe entre os seus lectores.
TURISMO
Francisco Candela preside a reunión anual do Spain Convention Bureau
As 41 cidades de congresos españolas agrupadas no Spain Convention Bureau, presidido polo compostelán Francisco Candela, reúnense en Xixón o venres 23 e celebran previamente un Seminario Internacional sobre Turismo de Reunións.
ALCALDÍA
O alcalde, nomeado Visitante Ilustre de dúas cidades arxentinas
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse está co intendente de Mar del Plata, co vicecónsul honorario de España, Fernando García Navarro, e co concejo deliberante (corporación municipal), que, tras entregarlle a chave da cidade, declarárono Visitante Ilustre.
ALCALDÍA
Máis de cincocentos santiagueses departen co alcalde na Casa de Vedra
Seguindo coa súa visita institucional a Arxentina, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participou o sábado 17 no programa de Radio del Pueblo "Un canto a Galicia", que se dirixe, en galego, a toda a colectividade emigrante, para conversar sobre a situación dos emigrantes neste país, así como do incremento da xente que chega doutros países a Santiago de Compostela. O alcalde falou das cousas que se están a facer na capital galega e dos instrumentos que a día de hoxe ten un emigrante...
INFRAESTRUTURAS
Adxudicadas as obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo
O Goberno local adxudicou as obras de reurbanización da Rúa Nova de Abaixo, por un importe de 797.854 euros e un prazo de execución de mes e medio. Esta actuación seguirá o modelo estético e funcional das últimas rúas reformadas no Ensanche, como Xeneral Pardiñas ou República do Salvador.
MULLER E BENESTAR SOCIAL
Investimentos na casa de acollida municipal
O Goberno local aprobou o convenio de colaboración entre o Concello de Santiago de Compostela e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o mantemento do Centro de atención a mulleres vítimas de violencia, dependente do Concello.
EDUCACIÓN
Impulso á futura escola infantil municipal do Tambre
Veñen de aprobarse o proxecto e a contratación das obras de construción dunha escola infantil no Polígono do Tambre. Neste centro investiranse 574.327 euros e unha vez se inicien as obras estará listo en 10 meses.
UMAD
O programa escolar de prevención de drogodependencias finaliza coa obra teatral "Pisa la raya"
A representación da obra de teatro "Pisa la raya", o martes 20 ás 12.00 horas no salón de actos da Aula Sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18), porá o punto e final ao programa escolar de prevención en drogodependencias "Non pasa nada, ¿pasa algo?".
AUDITORIO
Música clásica para nenos
Os días 20 e 21 de marzo, ás 10:00 e 12:00 horas, o Auditorio de Galicia acolle novos concertos didácticos da Real Filharmonía, centrados nesta ocasión, nos músicos precoces. Así, a RFG interpretará pezas de Mozart, Britten e Holst. Estes concertos están concibidos como unha forma diferente de achegar a música clásica a todos os rapaces dos colexios da cidade.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 1.500 persoas visitaron a exposición "Historia do Comercio en Compostela"
Máis de 1.500 persoas visitaron dende o 8 de marzo a exposición "Historia do Comercio en Compostela", incluida nas actividades do programa de dinamización comercial "Marzo, mes do Comercio", organizado pola Concellaría de Promoción Económica e a Concellaría de Cultura. A media de asistencia diaria é de 50 persoas, excepto sábados e domingos, onde o número aumenta a 250. A mostra pódese ver ata o 9 de abril na Fundación Torrente Ballester.