DEPORTES
Santiago acolle o II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte
Afondar no futuro da xestión deportiva dende a base é o obxectivo do encontro que reúne en Compostelán a xestores deportivos de toda España do 16 ao 18 de novembro. O Palacio de Congresos e Exposicións é o escenario deste II Congreso Ibérico de Xestores do Deporte, que foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Un estudo permitirá adaptar o desenvolvemento urbanístico do Polígono do Tambre ao novo PXOM
Un estudo a realizar pola Concellería de Promoción Económica permitirá adaptar o Plan Parcial Urbanístico do Polígono do Tambre ao novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Será posible grazas ao convenio asinado por este departamento coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico.
SOLIDARIEDADE
O Concello de Santiago participa na Habana nun encontro entre municipios de todo o mundo
Concellos de todo o mundo, representantes dos cinco continentes traballan estes días na Habana pola solidariedade entre os pobos do mundo. Fano dentro do XIV Encontro pola Cooperación e a Solidariedade dos Concellos coa Habana. Santiago de Compostela está neste evento representado pola concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, quen está tendo a oportunidade de intercambiar pareceres sobre o traballo dos diferentes concellos de todos os continentes.
DEPORTE
A Fundación Compostela realizará unha exposición sobre o deporte en Santiago de Compostela entre 1900 e 1950
Co gallo da Gala do Deporte Compostelán 2006, que se vai desenvolver o día 15 de Decembro, desde a Fundación Compostela Deporte quérese lembrar aqueles primeiros anos de actividade deportiva na nosa cidade. Por iso púxose en contacto coas persoas que participaron naquela época nos clubs históricos de Santiago ( Club Ciclista, Santiago, Arenal, Victoria de Fútbol...) e deportistas que de forma individual practicaban outras modalidades deportivas.
UMAD
Cine e educación como prevención fronte ás drogas
Unha edición máis botou a andar Cinensino, un programa que ten como obxectivo a intervención preventiva nos centros escolares para evitar patróns de consumo que máis tarde serán difíciles de cambiar. Nesta iniciativa, organizada pola Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente (UMAD) participan máis de 2.100 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Ensino Primario Obrigatorio (EPO) e de 1º e 2º de Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) de 25 centros educativos do municipio.
URBANISMO
Os novos polígonos de Costa Vella e Formarís achegarán 440.000 metros cadrados de solo empresarial
O Pleno municipal, convocado en sesión extraordinaria, aprobou por unanimidade os plans de sectorización dos solos urbanizables non programados números 37.3 (Costa Vella) e 38 (Formarís). Despois do paso pola Comisión de Urbanismo, deuse o visto bo definitivo a dúas superficies que suman 440.000 metros cadrados no ámbito do Polígono do Tambre.
FUNDACIÓN GRANELL
Xornadas de portas abertas na Fundación Granell para conmemorar o nacemento do artista
Como ven sendo habitual dende desde hai anos, a Fundación Granell realiza un acto de conmemoración do nacemento do artista no mes de novembro. En 2006 a conmemoración consistirá nunhas xornada de portas abertas da institución do 22 ao 29 de novembro.
BENESTAR SOCIAL
Sánchez Bugallo: "A concesión do premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal é unha chamada para seguir traballando no futuro"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, expresou a súa satisfacción pola concesión a Santiago do premio Raíña Sofía de Accesibilidade Universal 2006. En especial, quixo agradecer agradecer o traballo das asociacións que colaboran co Concello neste ámbito, como a Sociedade Comarcal de Xordos de Santiago, Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) ou a Fundación Once, algúns de cuxos membros o acompañaron na valoración do galardón.
COOPERACIÓN LOCAL
Investigadores da USC visitan a empresa Finsa
A terceira fase da Rede de Cooperación Local, na que participan 80 persoas relacionadas co mundo universitario e empresarial, entre elas 30 investigadores e 30 responsables dalgunhas das empresas máis representativas do tecido empresarial compostelán, comezou a súa andadura cunha visita guiada do persoal investigador e docente da USC á planta de produción e ás oficinas centrais da empresa Finsa.
TURISMO
Compostela presentou en Roma a Rede de Cidades Santas
O Palazzo Ferrajoli da capital italiana acolleu o evento no que Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén deu a coñecer o proxecto "Holy Cities", que reúne os seus esforzos pola conservación do patrimonio, a mellora da vida dos seus habitantes e a promoción do turismo relixioso e cultural.