TURISMO
O turismo de congresos reportou á cidade máis de 270 eventos no 2006
A reunión do Comité de Dirección do Santiago de Compostela Convention Bureau permitiu coñecer datos sobre a actividade congresual na cidade en 2006. Compostela contabilizou en 2006 un total de 271 eventos, nos que se inscribiron 38.200 participantes. En total, rexistráronse 50 congresos, 15 convencións e 206 xornadas. Destes eventos, 237 recibiron asesoramento do SCCB.
ALCALDÍA
Julio Fernández Gayoso e Rosalía Mera Goyenechea recibiron en Santiago as súas Medallas ao Mérito no Traballo
O ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, entregou as Medallas de Ouro ao Mérito no Traballo a Julio Fernández Gayoso e Rosalía Mera Goyenechea. Foi no Hotel San Francisco, nun acto no que, entre outros, participou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño; o delegado do Goberno en Galicia, Manuel Ameijeiras; e o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo.
MEDIO AMBIENTE
O Concello limpará as faixas de especial protección forestal das parroquias rurais
O Concello realizará traballos de prevención fronte aos incendios forestais nas parroquias nas áreas rurais de Compostela, en virtude do convenio que asinará coa Consellería de Medio Rural. Deste xeito, realizaranse desbroces selectivos na faixas de especial protección e o departamento autonómico achegará, para o desenvolvemento destas tarefas, un máximo de 34.875 euros.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis de medio millón de euros para a dinamización da rede de centros socioculturais
A Xunta de Goberno local aprobou o prego e inicio do expediente para a contratación para a coordinación e dinamización da rede de centros socioculturais. Destinaranse 538.764 euros aos espazos de lectura e xogo, aos talleres e animación das aulas e a outros espazos destes centros.
DEPORTES
O campo de Santa Isabel afronta a reforma dos seus vestiarios
A Xunta de Goberno aprobou o proxecto básico e de execución das obras de reforma do campo de fútbol Santa Isabel (2ª fase), en cuxa execución se investirán 368.290 euros. As obras afectarán fundamentalmente á ampliación e mellora dos vestiarios, unha vez cambiado o céspede na anterior fase.
BENESTAR SOCIAL
O Concello e ASPAS amplían a súa colaboración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), Marcelo de la Cruz. Ámbolos dous falaron dos proxectos en marcha nos que participa o Concello e doutros futuros nos que tamén haberá colaboración municipal.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
"De compras por Compostela" amosará a ollada dos fotógrafos Caruncho e Herbello sobre o comercio compostelán
Os fotógrafos Fran Herbello e José Caruncho plasmarán en 20 instantáneas o dinamismo do comercio compostelán. As fotos poderanse ver na exposición "De compras por Compostela", incluída nas actividades de "Marzo, mes do comercio", promovido pola Concellaría de Promoción Económica. Hervello e Caruncho foron propostos por Manuel Sendón, profesor de fotografía da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, e director, xunto a X. L. Suárez, das coleccións do Centro de Estudos...
URBANISMO
Adxudicadas as obras para o acondicionamento das novas oficinas de Emuvissa
O Consello de Administración de Emuvissa aprobou, en sesión extraordinaria, a adxudicación á empresa Construcciones La Rosaleda S.L. das obras do "Proxecto básico e de execución para acondicionar o local en planta baixa e planta primeira para locais do Concello". Os locais, situados na rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela, destinaranse ás novas oficinas de Emuvissa. As obras aprobáronse polo prezo ofertado de 322.890,20 euros e teñen un prazo de execución de catro meses.
INFRAESTRUTURAS
A parroquia de Grixoa únese á rede municipal de abastecemento de auga
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ata a parroquia de Grixoa para escoitar as propostas dos veciños e visitar canda eles as obras realizadas na parroquia nas últimas datas.
REHABILITACIÓN
O proxecto de rehabilitación integral de Vista Alegre eliminará as terrazas e dotará aos edificios de ascensores exteriores
Unha vez coñecido polos veciños, o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, explicou o proxecto arquitectónico elaborado polo Concello para a rehabilitación dos bloques de vivendas ao amparo da Área de Rehabilitación Integral (ARI). Agora unicamente queda que o Concello, a Xunta e o Goberno central asinen o convenio que permita por en marcha o programa e o acceso ás axudas.