CULTURA
Schellenberger volve a Santiago para dirixir á Real Filharmonía de Galicia
O concerto da Real Filharmonía do xoves 27 de marzo, ás 21:00 horas, contará co director alemán Hansjörg Schellenberger como protagonista absoluto. Como director, ten preparado un programa pouco habitual, no que destaca unha peza de Michael Haydn, irmán do máis célebre célebre Joseph Haydn, sobre a cal o director alemán ten estudado e reflexionado moito ata conseguir a execución que dela escoitará o público que se achegue ata o Auditorio de Galicia.
ALCALDÍA
Especialistas en Historia Moderna debaterán en Santiago sobre o mundo urbano na Ilustración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi á catedrática de Historia Moderna da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Ofelia Rey. Ambos falaron dos detalles da X Reunión da Fundación Española de Historia Moderna, que se desenvolverá en Santiago e Ferrol entre os días 11 e 13 de xuño de 2008.
CULTURA
Guirigai Teatro reflexiona sobre unha Europa máis alá das fronteiras
A compañía estremeña Guirigai Teatro chega ao Teatro Principal coa obra En las puertas de Europa, no marco dunha xira que os está levar por boa parte de España e de Europa. A obra reflexiona, a partir duns personaxes situados no século XVI sobre a Europa actual e as súas fronteiras. Representarase os días 25 e 26 de marzo, ás 21:00 horas.
CULTURA
Uns 700 docentes participarán nas Xornadas sobre socioloxía da educación
Do 26 de marzo ao 16 de abril, o Auditorio de Galicia acolle as primeiras Xornadas de socioloxía da educación Galiza no Mundo. Educación e Sociedade. Serán dez sesións nas que se tratarán diversos asuntos que inflúen na vida cotiá do colectivo pedagóxico. Máis de 700 docentes inscribíronse nestas xornadas, que se desenvolverán simultaneamente nas sete cidades galegas.
COMERCIO
Unha comisión elixirá os cinco establecementos homenaxeados na Gala do Comercio
O mércores 26 de marzo coñecerase o nome dos cinco establecementos que serán homenaxeados na III Gala do Comercio, Compostela capital de compras, que se vai celebrar o 10 de abril no Teatro Principal, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, dentro do programa Marzo, mes do comercio. Á gala, aberta ao público, están convidados todos os comercios de Santiago.
ALCALDÍA
Satisfacción do alcalde pola concesión a Santiago do Premio ao Mellor Destino Turístico Internacional 2007
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción pola concesión a Santiago de Compostela do Premio ao Mellor Destino Turístico Internacional de 2007, outorgado en Brasil pola revista "Brasil Travel" e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens.
TURISMO
O concelleiro de Turismo é recibido pola directiva da Sociedade Hispano Brasileira en São Paulo
O concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, atópase na cidade de São Paulo para recoller o premio ao mellor destino turístico internacional que lle outorgaron a Santiago dentro do certame "Os 10 mais do Turismo de 2007". Este premio, de grande relevancia no Brasil, é convocado pola Revista Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens, co apoio de outras moitas entidades e institucións. Aproveitando a súa estancia na cidade brasileira, o...
CULTURA
Visto bo ao proxecto de regulamento do Consello de Compostela Cultura
A Xunta de Goberno deu o visto bo ao proxecto de regulamento do Consello de Compostela Cultura. Unha vez que o documento sexa publicado no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un período dun mes para formular alegacións. O regulamento aprobarase inicialmente no Pleno do xoves 27 de marzo e o obxectivo é que o Consello comece a funcionar no mes de xullo.
MEDIO AMBIENTE
Concello e Medio Rural colaborarán na limpeza das áreas de especial protección forestal
O Goberno local acordou á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellaría do Medio Rural e o Concello de Santiago para a participación na protección de núcleos rurais. A colaboración materializarase na realización de traballos de prevención e defensa contra os incendios forestais nas áreas de especial protección.
UMAD
A UMAD desenvolve varias campañas de prevención do alcoholismo e de drogodependencias
O Goberno municipal aprobou os gastos para a realización de tres programas da Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Trátase da Campaña de alcoholismo xuvenil, do Programa de prevención de drogodependencias a través do adestramento en competencias sociais con adolescentes, e da obra de teatro "Pisa la raya".