URBANISMO
Obras de reparación de actos vandálicos en Belvís
A Xunta de Goberno local aprobou o proxecto de reparación de actos vandálicos na urbanización do SUNP-9 de Belvís, proposto polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable deste solo. A actuación, deseñada polo arquitecto César Portela, abrangue diversas obras para a conservación e mantemento desta urbanización xa executada.
ALCALDÍA
Recepción a unha representación diplomática de Panamá
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao embaixador de Panamá en España, Humberto López Tirone.
CONSORCIO
San Xulián de Carballal estrea igrexa rehabilitada
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a rehabilitada igrexa de San Xulián de Carballal, en cuxa remodelación o Consorcio da cidade investiu preto de 80.500 euros.
ALCALDÍA
Visita do embaixador de Xapón
O embaixador de Xapón en España, Motohide Yoshikawa, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo.
EDUCACIÓN
O Concello de Santiago renova a colaboración co instituto Rosalía de Castro para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e o director do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional. Esta colaboración enmárcase na política educativa do Concello para potenciar todas as iniciativas que permitan mellorar as ofertas educativas, especialmente dirixidas aos composteláns máis novos.
ALCALDÍA
Recoñecemento a un traballo solidario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a Urmi Basu, traballadora social e fundadora do fogar New Light na India. Trátase dun centro de acollida para os fillos das traballadoras sexuais do barrio de Kalighat, un dos máis grandes de Calcuta.
ALCALDÍA
O presidente da empresa de doces tradicionais xaponeses Akafuku pasou por Raxoi
Noriyasu Hamada, presidente de Akafuku, empresa de doces tradicionais xaponeses fundada hai 300 anos, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Santiago participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará do 28 ao 30 de xuño a Chester (Inglaterra) para asistir á VIII Asemblea Xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.
PERSOAL
Definida a estrutura da Administración municipal
A Xunta de Goberno e o Pleno extraordinario que se celebrarán o luns 25 deixarán definitivamente definida e operativa a organización da Administración municipal. Así, aprobaranse cuestións como a representación nos diversos consellos de administración ou a asignación de persoal para os distintos grupos municipais.
FESTAS
A noite de San Xoán arderán en Compostela 223 fogueiras
Santiago vivirá un ano máis o San Xoán con abondosas fogueiras e sardiñadas. Este ano 2007, autorizáronse 223 cacharelas, 65 máis que en 2006. Destas fogueiras, 125 arderán na cidade, incluído o Casco Histórico, mentres 98 farano no rural, onde o incremento foi máis significativo.