ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "A estación de Santiago será o principal centro de transporte de pasaxeiros do noroeste peninsular"
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse ás xuntanzas mantidas coa Dirección Xeral de Ferrocarrís e con ADIF para matizar algúns aspectos do convenio que dará vía libre á construción da estación do AVE de Santiago. Segundo anunciou, á espera do visto boa o texto do convenio pola Consellería de Política Territorial, o obxectivo é que o texto poida ser ratificado na Xunta de Goberno do martes 20.
ALCALDÍA
O Concello reparte o calendario de 2009 nos fogares composteláns
O calendario de mesa de 2009 do Concello xa está sendo repartido nos fogares composteláns. Nesta ocasión, as fotografías son da Compostela contemporánea e son "unha homenaxe a algúns dos arquitectos que teñen realizado obras en Santiago nos últimos anos", en palabras do propio alcalde.
CULTURA
A Banda Municipal prepara o seu concerto á carta
O domingo 15 de febreiro, dentro do Ciclo de Concertos de Inverno 2009, a Banda Municipal de Música de Santiago interpretará un concerto á carta. O programa a interpretar nesta ocasión estará composto por obras que o público asistente aos concertos do 18 de xaneiro e do 1 e 8 de febreiro elixirán dun catálogo de propostas.
CULTURA
Cine de calidade e compromiso social na IV edición do Ciclo de Cinema Dereitos Humanos
Presentouse o programa do Ciclo de Cinema Dereitos Humanos, nado para conmemorar o sesenta aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos e que se celebrará no Teatro Principal do 19 ao 23 de xaneiro con dúas sesións cada tarde a partires das 20:15 horas. A programación, que foi debullada pola concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Elvira Cienfuegos, inclúe cinco filmes sociais comprometidos realizados nos 2007 e 2008, nos que se xunta a calidade cinematográfica co compromiso social, sempre en versión orixinal subtitulada.
URBANA SANTIAGO NORTE
Continúa o proceso selectivo da persoa que coordinará a iniciativa Urbana Santiago Norte
A Comisión de Valoración da praza de Coordinador/a do programa Urbana Santiago Norte continua cos seus traballos de selección. O obxectivo desta comisión é seleccionar e escoller á persoa co perfil máis acaído para desenvolver os traballos de coordinación e dirección da "Iniciativa Urbana" de Compostela.
CULTURA
Póñense á venda as entradas do concerto da Orchestra Baobab, primeira proposta de Sons da Diversidade 2009
Un ano máis, Sons da Diversidade, organizado pola concellaría de Cultura, volve ofrecer unha viaxe polo mundo da man da música, da diversidade cultural e da pluralidade de ritmos e sons. Esa viaxe levaranos, nunha primeira parada, a África, xa que o 31 de xaneiro chegará a Compostela a Orchestra Baobab co seu último espectáculo, Made in Dakar. As entradas para este concerto poden mercarse a partires do luns 19 de xaneiro na páxina web www.caixagalicia.es ou no teléfono 902 434 443.
ALCALDÍA
O artista cubano Jorge Camacho traslada á Fundación Granell a súa visión surrealsita dos espazos naturais de Doñana
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou na Fundación Granell a mostra Doñana. O refuxio dos mitos, de Jorge Camacho, un dos autores claves do movemento surrealista actual. A mostra estará aberta ata o 28 de abril.