DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE E DA AUGA
Compostela uniuse aos actos de celebración do Día Mundial da Árbore e da Auga
Dous grupos de alumnos do CEIP de Vite foron os protagonistas da conmemoración un ano máis do Día da Árbore e do Día Mundial da Auga. Con tal fin, o Concello organizou unha visita ao acueduto da Ponte Mantible e unha plantación de árbores en Salgueiriños.
URBANISMO
Visto bo ao novo nexo de unión entre o vello e o novo Ensanche
A Xunta de Goberno do luns 7 de abril aprobará inicialmente o proxecto de urbanización do SUP-1 de Romero Donallo. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, que cualificou como "moi delicado" este proxecto, que "que permitirá conectar o novo Ensanche de Conxo co dos anos 70".
MERCADOS
Sánchez Bugallo: "Temos toda a vontade de seguir falando cos gandeiros, pero non renunciaremos á nosa responsabilidade"
Na súa habitual rolda dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, referiuse ao conflito do mercado de Amio. Ao respecto, indicou que o Goberno municipal ten "toda a vontade de falar" e a disposición a "colaborar no que sexa compatible", pero que "non imos a renunciar á nosa responsabilidade cos cidadáns respecto a unha instalación que é completa e absolutamente municipal".
CULTURA
A Real Filharmonía achega a Galicia "A Paixón segundo San Xoán"
Santiago, A Coruña e Lugo acollerán unha das obras cume de Bach A Paixón segundo San Xoan, interpretada pola Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do holandés Frans Bruggen. Trátase dunha composición que mobilizará sobre o escenario a preto de 70 artistas
CIDADE HISTÓRICA
Comezan as obras de consolidación de pavimento da rúa Bautizados
A Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica iniciará o luns 7 de abril as obras de consolidación do pavimento da rúa Bautizados. O proxecto contará cun orzamento total de 27.296 euros para cubrir os traballos necesarios de reposición e reparación do enlousado de pedra existente nesa rúa.
CULTURA
Cultura regalará un libro ás persoas que merquen dous exemplares nas casetas da Feira do Libro
A Concellaría de Cultura ten por segundo ano consecutivo un espazo propio na Feira do Libro que se inaugura o sábado 5 na Alameda, organizada pola Agrupación de Libreiros de Santiago-Federación de Libreiros de Galicia. Nesta edición, que é xa a XXVII da Feira, os libros editados pola concellaría estarán presentes de novo no Paseo Central da Alameda.