ALCALDÍA
Piñor alberga xa o segundo punto limpo da cidade e incorporará un sistema pioneiro de aproveitamento enerxético do biogás
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguraron na xornada o novo punto limpo co que conta a cidade de Santiago. Está ubicado en Piñor, na parroquia de Figueiras, e trátase do segundo equipamento destas características na cidade, trala posta en funcionamento en abril de 2007 do punto limpo situado no polígono do Tambre. Unha vez selado o vertedoiro, incorporará como novidade un sistema para recuperar o biogás e transformalo en electricidade.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "Non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010"
O alcalde compostelán apuntou en rolda de prensa que "non haberá problemas orzamentarios para rematar o túnel da Galuresa antes do 2010". Así llo aseguraron a Xosé A. Sánchez dende o Ministerio de Fomento, na semana en que se abriron as plicas para adxudicar a obra.
ALCALDÍA
A liquidación da débeda municipal é para o alcalde "un elemento de confianza para afrontar os vindeiros anos"
O alcalde compostelán valorou o saldo positivo da liquidación do orzamento de 2007, así como a eliminación definitiva da débeda. "É un motivo de satisfacción e un elemento de confianza para afrontar estes dous anos, máis complicados que os anteriores".
CULTURA
Tom Zé achega o seu vangardismo sonoro e compromiso a Compostela da man de Sons da Diversidade
O ciclo Sons da Diversidade, organizado pola Concellaría de Cultura, ten o domingo 13 unha nova cita con todos os amantes das músicas do mundo. O tropicalista brasileiro Tom Zé chega a Compostela para facer gozar ao público co seu vangardismo sonoro, a súa poesía e o seu compromiso. Será no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde di que as escolas municipais de Conxo e Fontiñas "garanten unha maior posibilidade de elección aos cidadáns"
O alcalde tamén se pronuncio una rolda sobre un dos temas da semana, as escolas infantís de Conxo e Fontiñas. Tal como indicara a propia concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, reiterou que as dúas "seguirán sendo escolas infantís municipais".
COMERCIO
Comeza a segunda parte das conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio
A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acollerá entre o 14 e o 18 de abril a segunda parte do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do conxunto de actividades de Marzo, mes co Comercio. Este segundo bloque componse de cinco charlas gratuitas impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar.
CULTURA
Bota a andar Compostela Máxica 2008
Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo comeza o sábado 12 para goce de todos os que gostan da ilusión, da maxia e do ilusionismo. Será cunha gran gala que, aínda que inicialmente estaba previsto celebrarse na Praza da Quintana, tivo que trasladarse ao Teatro Principal, por motivos meteorolóxicos.