ALCALDÍA
Catorce procesións, liturxia e músicas do mundo na Semana Santa compostelá
Recuperadas moitas procesións nos últimos anos e con actividades complementarias coma o Festival de Músicas Contemplativas, a Semana Santa tense convertido tamén nun polo de atracción cara a cidade para turistas e veciños. A deste ano terá ata 14 procesións, diversos actos litúrxicos e unha ampla mostra de músicas do mundo.
MULLER
O Concello homenaxea a oito mulleres das ciencias humanas e sociais
Con motivo da celebración, o 8 de marzo, do Día Internacional da Muller, o Concello vai homenaxear a oito mulleres do ámbito das ciencias humanas e sociais. Será o mércores 12 de marzo, ás 20:30 horas, nun acto no Hostal dos Reis Católicos.
CULTURA
A pianista rusa Valentina Igoshina chega a Santiago para acompañar á Real Filharmonía de Galicia
A xoven promesa da música Valentina Igoshina repite un ano despois e volve tocar no Auditorio de Galicia xunto á Real Filharmonía. En 2007 sorprendeu ao público compostelán cunha precisa interpretación do Concerto para piano núm. 21 de Mozart. Nesta ocasión atrévese co Concerto para piano núm. 2 de Prokofiev. Dirixido polo mestre Ros Marbà, o programa complétase coa Pavana para unha infanta defunta e co célebre Paxaro de lume, de Stravinsky.
ALCALDÍA
A comunidade educativa debate sobre democracia e laicidade
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolle do 6 ao 8 de marzo os XXIII Encontros de Educación para a Paz, organizados polo Seminario Galego de Educación para a Paz e nos que colabora a Concellería de Educación.
TURISMO
A Organización Mundial do Turismo elixe de novo a Turismo de Santiago para a súa vicepresidencia
A empresa municipal Turismo de Santiago foi ratificada por dous anos máis na vicepresidencia do Consello de Destinos da Organización Mundial do Turismo, que ocupa dende marzo do 2007. A decisión produciuse durante a asemblea que celebra esta axencia especializada das Nacións Unidas en Berlín.