ALCALDÍA
O Concello asigna nome a sete rúas e unha praza
A Xunta de Goberno, a proposta do alcalde, acordou outorgar nome a nove novas rúas e a unha praza da cidade.
TRANSPORTES
Mantéñense as tarifas do transporte urbano
O Goberno local acordou manter as tarifas do transporte urbano O billete ordinario queda como estaba, en 0,90 euros, e o escolar en 0,55 euros.
MERCADOS
Concretadas as partidas económicas para a reforma do Mercado de Abastos
A Xunta de Goberno deu o visto boa o convenio entre o Concello, o Ministerio da Vivenda e a Consellería de Innovación e Industria para a remodelación do Mercado de Abastos. No mesmo concrétase a distribución de anualidades para a execución deste proxecto.
ALCALDÍA
O Concello e Mulleres pola Igualdade intercambiarán información
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, recibiron á presidenta da asociación Mulleres pola Igualdade, María Vázquez Sande.
ALCALDÍA
O Concello ofrece unha parcela en Conxo para un centro de día destinado a persoas con dano cerebral
O presidente da Asociación de Dano Cerebral de Compostela "Sarela", José Balboa, reuniuse en Raxoi co alcalde. Alí manifestoulle a intención da asociación de construír un centro de día e solicitou a colaboración municipal. Sánchez Bugallo ofreceulle unha parcela en Conxo para este fin.
CULTURA
O grupo Na Virada ofrece un concerto para escolares no Auditorio de Galicia
Dentro do ciclo Concertos Didácticos, o Auditorio de Galicia ofrecerá o martes 6, ás 11:00 horas, unha actuación do grupo Na Virada. Presentará un programa que vai da música tradicional á música de autor.