UMAD
Unha obra de teatro pechará o programa de prevención de drogas "Non pasa nada, ¿pasa algo?"
O espectáculo teatral Pisa la raya pechará o programa de prevención en drogodependencias Non pasa nada, ¿pasa algo?, desenvolvido ao longo do curso escolar 2007-08 entre 700 escolares de 4º da ESO. Trátase dunha obra destinada a fixar os conceptos traballados nos talleres formativos e informativos aos que os alumnos asistiron nos seus centros.
CULTURA
Continúan as actividades na exposición "A historieta galega 1973–2008"
O sábado 29 de marzo, de 10:00 a 13:00 horas, no Auditorio de Galicia, continúan as actividades da exposición A historieta galega 1973–2008.
CULTURA
O "Kiosko das almas perdidas" chega ao Auditorio
Os soportais do Pazo de Raxoi acolleron un pequeno adianto de Kiosco das almas perdidas, a última produción do Centro Dramático Galego. Os seus bailaríns recrearon unha pequena parte do espectáculo que se representará o sábado 29 e o domingo 30, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia, no marco do ciclo SCQ Danza.
TURISMO
Pepe Solla imparte o derradeiro obradoiro de "Santiago de Compostela. Repetirás"
O programa gastronómico Santiago de Compostela. Repetirás ofrece o sábado 29 de marzo o derradeiro obradoiro gastronómico con lamprea, impartido polo recoñecido chef Pepe Solla. Tras cinco meses dedicados a achegar a composteláns e turistas o mellor da cociña galega de tempada, comezando polos cogomelos en novembro e continuando co polbo, co marisco e coa cociña do Entroido, a lamprea pon fin a esta singular iniciativa.
CULTURA
O Pleno aproba inicialmente o regulamento do Consello de Compostela Cultura
Cos votos favorables de PSdeG-PSOE e BNG e o negativo do PP, foi aprobado inicialmente o regulamento do Consello de Compostela Cultura. O documento será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e abrirase entón un período de alegacións dun mes. Volverá entón ao Pleno para a súa aprobación definitiva, co obxectivo de que o Consello comece a funcionar no mes de xullo.
DEPORTES
Os xestores deportivos buscan en Compostela canles para a cualificación da súa profesión
O Salón Nobre da Casa do Concello acolleu a presentación do I Congreso Galego de Xestión Deportiva, que se celebrará no Palacio de Congresos o sábado 29 de marzo. O evento, organizado pola Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), reunirá en Compostela a profesionais, estudantes dos ensinos de actividade física e persoal responsable no ámbito da xestión deportiva pública ou privada.
TURISMO
O concelleiro de Turismo recolleu para Compostela o premio ao Mellor Destino Turístico Internacional en Brasil
Santiago de Compostela recibiu o premio a Mellor Destino Turístico Internacional dentro do certame "Os dez máis o Turismo de 2007", organizado pola Brasil Travel News e a Associaçao Brasileira de Agências de Viagens. O premio foi recollido, de mans de Teresa Ortiz, directora da Oficina Española de Turismo en Brasil, polo concelleiro de Turismo, Promoción Económica, Comercio e Emprego, Xosé Manuel Iglesias.