ALCALDÍA
Sánchez Bugallo: "O Concello tomará respecto a Amio a decisión que máis lle conveña á cidade"
O alcalde aproveitou a súa comparecencia ante os medios de comunicación para referirse ao futuro do Recinto Feiral de Amio. Sánchez Bugallo recoñeceu a "difícil convivencia do gando co resto de eventos" e apuntou que, no seu momento, o Concello "tomará a decisión que mellor lle conveña á cidade".
ALCALDÍA
Os terreos da actual depuradora converteranse nun parque
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que a parcela que actualmente ocupa a depuradora na Silvouta será convertida nun parque público. Serán 60.000 metros cadrados convertidos nun espazo verde no que se protexerán especialmente as beiras do río.
ALCALDÍA
Unha nova exposición analiza as mobilizacións estudantís do 68 en Compostela
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou, xunto co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e co presidente do Principado de Asturias, Vicente Álvarez Areces, a exposición "Do Gaudeamus igitur ao Venceremos nós. As mobilizacións estudantís do 68 en Compostela", organizada pola Fundación 10 de Marzo. A mostra estará no Pazo de Fonseca ata o 27 de marzo.
ALCALDÍA
A área xudicial de Santiago conta xa co seu fiscal xefe
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á toma de constitución da Fiscalía de Santiago e á toma de posesión do novo fiscal xefe, Mario Piñeiro Vázquez. O acto celebrouse nos xulgados de Fontiñas.
CONSORCIO
Nace o Premio Fonseca para incentivar a transmisión do coñecemento científico ao gran público
A USC e o Consorcio de Santiago, no marco do Programa ConCiencia, veñen de por en marcha o Premio Fonseca de divulgación científica. Este galardón créase coa vontade de incentivar a transmisión do coñecemento científico e o saber ao gran público. O premio constará dun diploma acreditativo, dunha reprodución en bronce de Alonso III de Fonseca deseñada por Ramón Conde e dunha dotación económica de 6.000 euros.
EMPREGO
Ata 125 persoas inscribíronse en 2008 na Bolsa de Emprego de Promoción Económica
Un total de 125 persoas inscribiuse no que vai de 2008 na Bolsa de Emprego. Axencia de colocación, que xestiona a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. 52 usuarios contabilizáronse en xaneiro e 73 en febreiro. Das persoas inscritas, 88 son mulleres, o que representa o 70% do total.
CULTURA
Comeza Teatro e Danza en Xira 2008 con "Filomena Marturano"
A edición de 2008 de Teatro e Danza en Xira comeza domingo 2 de marzo coa representación no Auditorio de Galicia de Filomena Marturano, un melodrama dirixido por Ángel Fernández Montesinos e interpretado por Concha Velasco. As mellores compañías de teatro e danza da Península virán a Compostela da man deste programa, organizado pola Concellaría de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.