ALCALDÍA
O municipio italiano de Osimo invita ao concello compostelán a levar a cabo un irmandamento entre ambas cidades
Representantes do concello de Campocavallo di Osimo, na provincia italiana de Ancona, e do santuario B.V. Addolorata, situado na zona, acudiron ao Pazo de Raxoi, onde foron recibidos pola alcaldesa en funcións, Mar Martín. Os habitantes desta localidade italiana realizan cada ano a denominada "Festa del Covo", na que constrúen con espigas de trigo unha reprodución dalgún santuario de importancia. Este ano o monumento elixido foi a catedral de Santiago de Compostela por ser unha das referencias máis importantes da comunidade católica...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha guía editada polo Concello permitirá aos emprendedores coñecer os elementos fundamentais á hora de poñer en marcha un negocio
O Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou o contido das dez Microguías de Oportunidade de Negocio que elaborará o departamento que dirixe. As guías enmárcanse no conxunto de accións levadas a cabo a través do Plan de Excelencia Comercial, no eixo de actuación denominado Impulso de novas Iniciativas Comerciais.
CULTURA
Última oportunidade para ver algúns dos espectáculos do Festival D’Gorra
Chacovachi, Roi o Cagabolas e Maku Jarrak despídense o mércores das rúas de Compostela. Aínda poderemos velos ás 12:30 na Praza de Platerías, ás 17:30 na Quintana e ás 18:00 no Toural, respectivamente.