CULTURA
O Festival D’Gorra converte as prazas de Compostela nun escenario de circo
Rematou o Festiclown, pero chega o Festival D’Gorra. Na súa cuarta edición, o circo convértese de novo en protagonista nas rúas e prazas de Compostela. Do 14 ao 26 de agosto, vintecatro compañías amosarán todo o seu repertorio en contacto directo co público. O divertimento está asegurado.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica emitíu 19 certificados para empregar o convenio de colaboración cos medios de comunicación
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo emitíu dende maio 19 certificados para que comecios e empresas podan acollerse aos descontos en publicidade que os medios de comunicación local ofertan a través do Programa de fomento e investimento en publicidade e promoción comercial. O obxectivo da Concellaría é potenciar o uso da publicidade entre comercios e empresas coma un investimento rendible.
TURISMO
Santiago estrea tren turístico
Os turistas e cidadáns composteláns volverán a contar desde o martes 14 de agosto co tren turístico, segundo informou Turismo de Santiago.