EDUCACIÓN
Entregados os premios aos gañadores do XII Concurso Literario Ánxel Casal
Nun acto celebrado no Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos entregaron os premios do XII Concurso Literario Ánxel Casal, nas súas modalidades de conto, de teatro e de poesía.
DEPORTES
Fállase o premio do XI Concurso de Fotografía Deportiva
O xurado do XI Concurso de Fotografía Deportiva, presidido polo concelleiro de Deportes, Manuel Portas, deu a coñecer o fallo do premio. O gañador foi Iván Carlos Franco Fraga, por unha fotografía titulada "Campolongo". Ao concurso presentáronse un total de 80 fotografías, das que se aceptaron 47 e se excluíron 33 por non cumprir coas bases.
URBANISMO
A urbanización do SUNP-25 de Roxos reservará amplas superficies para zonas verdes e dotacións deportivas
A Xunta de Goberno do luns 11 aprobará o proxecto de urbanización do Sunp-25 de Roxos. Esta actuación afectará a un ámbito de 18,07 hectáreas e incluirá unha ampla dotación de zonas verdes, deportivas e de lecer. Neste solo construiranse 262 vivendas, maioritariamente pareadas, das que un 20% serán protexidas.
REHABILITACIÓN
Un estudo de detalle resolve as esixencias legais e veciñais para a posta en marcha da ARI de Vista Alegre
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón, presentaron o Estudo de detalle para a rehabilitación integral do barrio de Vista Alegre, que será aprobado inicialmente pola Xunta do Goberno do luns 11 de xuño. Este traballo resolve as peticións formuladas polos veciños e ampara legalmente os cambios físicos que se producirán neste barrio.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O 16 de xuño remata o prazo para que as empresas soliciten axudas para contratar alumnado de excelencia académica
As empresas situadas en Santiago poderán contar entre o seu persoal cos mellores expedientes da Universidade de Santiago, grazas ao Programa de formación e prácticas en empresas para alumnas/os de excelencia académica da USC, deseñado pola Concellaría de Promoción Económica, e que levará o nome da Manuel Caeiro. Ata o 16 de xullo está aberto o prazo para solicitar as axudas.