DEPORTES
O Beirasar Rosalía segue a recibir parabéns polos seus éxitos
Despois de recibir xa o recoñecemento da cidade polo ascenso á LEB, o Beirasar Rosalía volveu ao Concello para brindar esta vez o campionato na LEB 2. O conxunto compostelán obtivo o título o venres 1 de xuño en La Laguna (Tenerife), ao derrotar ao equipo local no partido único que decidía o gañador da competición.
URBANISMO
A urbanización do polígono 4 de Fontiñas incluirá un lago artificial
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, presentou o proxecto de urbanización do polígono 4 de Fontiñas. Neste espazo construiranse unhas 250 vivendas libres a carón da rúa Berlín e do Centro Sociocultural de Fontiñas.
DEPORTES
Santiago reunirá aos mellores ciclistas galegos Sub 23 e Sub 21
Santiago e a súa comarca acollerán o domingo 10 o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual das categorías Elite, Sub 23 e Sub 21, unha proba organizada pola Federación Galega de Ciclismo e patrocinada pola Fundación Compostela Deporte.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Fontiñas abre o seu encontro cos sentidos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, inauguraron a VI Semana Cultural do centro de Fontiñas. As diferentes actividades, agrupadas baixo o denominador "Con todos os sentidos", desenvolveranse do martes 5 ao sábado 9 de xuño.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis de 800 locais comerciais e hoteleiros recibiron a visita do persoal da Campaña de sensibilización para a formación
O persoal da Campaña de sensibilización para a formación, destinada a comerciantes e hostaleiros, e posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio no marco do Plan de Excelencia comercial, visitou xa 860 estabelecementos dos 2.500 previstos, o 34,4%.