EDUCACIÓN
O Concello de Santiago renova a colaboración co instituto Rosalía de Castro para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e o director do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional. Esta colaboración enmárcase na política educativa do Concello para potenciar todas as iniciativas que permitan mellorar as ofertas educativas, especialmente dirixidas aos composteláns máis novos.
ALCALDÍA
Recoñecemento a un traballo solidario
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a Urmi Basu, traballadora social e fundadora do fogar New Light na India. Trátase dun centro de acollida para os fillos das traballadoras sexuais do barrio de Kalighat, un dos máis grandes de Calcuta.
ALCALDÍA
O presidente da empresa de doces tradicionais xaponeses Akafuku pasou por Raxoi
Noriyasu Hamada, presidente de Akafuku, empresa de doces tradicionais xaponeses fundada hai 300 anos, visitou Raxoi, onde foi recibido polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
Santiago participará na Conferencia de Cidades do Arco Atlántico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, viaxará do 28 ao 30 de xuño a Chester (Inglaterra) para asistir á VIII Asemblea Xeral da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico.
PERSOAL
Definida a estrutura da Administración municipal
A Xunta de Goberno e o Pleno extraordinario que se celebrarán o luns 25 deixarán definitivamente definida e operativa a organización da Administración municipal. Así, aprobaranse cuestións como a representación nos diversos consellos de administración ou a asignación de persoal para os distintos grupos municipais.
FESTAS
A noite de San Xoán arderán en Compostela 223 fogueiras
Santiago vivirá un ano máis o San Xoán con abondosas fogueiras e sardiñadas. Este ano 2007, autorizáronse 223 cacharelas, 65 máis que en 2006. Destas fogueiras, 125 arderán na cidade, incluído o Casco Histórico, mentres 98 farano no rural, onde o incremento foi máis significativo.
BENESTAR SOCIAL
Un mozo con diabete realiza correndo os últimos 157 quilómetros do Camiño de Santiago
O 15 de xuño, David Jiménez, un mozo con diabete membro partiu de Pedrafita do Cebreiro co obxectivo de cubrir correndo os últimos 157 quilómetros do Camiño de Santiago. Xa en Compostela, foi recibido pola concelleira de Benestar Social, Mar Martín, en recoñecemento á súa xesta.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Nova selección de alumnos para cursos do Plan FIP
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo, os días 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, un novo proceso de selección de alumnos para cubrir as últimas vacantes nos cursos de cantería, carpintería, xardinería, fontanería e instalador de sistemas de enerxía solar térmica.
CULTURA
SCQ Danza pecha a programación de 2007 coa compañía Experimenta Danza
Experimenta Danza, compañía profesional de danza contemporánea que naceu no 2003 baixo a direción de Carlota Pérez, pecha a programación de 2007 de SCQ Danza. Será o sábado 23 coa obra infantil "Arte a escea", ás 21:00 horas no Teatro Principal.