CENTROS SOCIOCULTURAIS
O barrio do Ensanche indaga na súa historia
A concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, presentou unha nova entrega do proxecto"A historia vai por barrios", que nesta ocasión se ocupa do barrio do Ensanche. O venres 4 de maio, no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, inaugúrase esta mostra, que indaga no pasado desta zona da cidade.
ALCALDÍA
Relevo na Oficina Local de Tráfico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Circulación e Uso da Vía Pública, Xosé Baqueiro, recibiron á nova xefa da Oficina Local de Tráfico, Ana Beltrán.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica destina 46.000 euros ao Concurso de Novas Ideas Empresariais
A Concellería de Promoción Económica e Emprego destina 46.000 euros ao Concurso de novas ideas empresariais "Compostela Activa 2007". O obxectivo do concurso é estimular e apoiar a persoas que teñen unha idea de negocio, facilitándolle a posta en marcha do proxecto empresarial.
MERCADOS
Mercagalicia aproba as contas anuais de 2006 cun beneficio de 99.283 euros
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá a Xunta Xeral Ordinaria e a reunión do Consello de Administración de Mercagalicia (Mercados Centrais de Abastecemento de Santiago S.A.). O principal punto da orde do día da Xunta foi a aprobación das Contas Anuais e do Informe de Xestión do exercicio 2006. No Consello examináronse os orzamentos da obra de reparación do peche da Unidade Alimentaria.
CULTURA
Cultura asina un convenio de colaboración coa Asociación Cultural e Tempo Libre Novo Circo e Cabaret Galega por valor de 25.000 euros
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asinou un convenio de 25.000 euros coa Asociación de Animación Sociocultural e Tempo Libre Novo Circo e Cabaret Galega. No acto de sinatura tamén estivo presente o presidente da citada agrupación, Manuel Lago.