ALCALDÍA
Os traballadores do Concello celebraron a festividade de Santa Rita
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu aos traballadores municipais, con motivo da celebración de Santa Rita de Casia, patroa da Administración Local.
DEPORTES
O Beirasar Rosalía brindou o seu ascenso á cidade
Xogadores, técnicos, directivos e patrocinadores do club de baloncesto Beirasar Rosalía foron recibidos en Raxoi polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e outros membros da Corporación municipal, con motivo do ascenso do equipo á Liga LEB.
CONSORCIO
O "Compostela Organum Festival" péchase cun concerto no convento de San Paio
O sábado 26 de maio, ás 20:30 horas, o convento de San Paio de Antealtares acollerá o último concerto do "Compostela Organum Festival". Eric Brottier interpretará ao órgano pezas de Francisco Correa de Arauxo, Girolamo Frescobaldi, Domenico Scarlatti, Antonio Valente, Pablo Bruna e Antonio Correa Braga.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Comeza a selección de alumnos para o curso de carpintería de Promoción Económica e Emprego
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego levará a cabo, os días 28 e 29 de maio o proceso de selección de alumnos para o curso de carpintería. Esta actividade formativa, incluída no Plan FIP (Formación e Inserción Profesional), está destinada a persoas desempregadas. Ademais, durante toda a semana, continuará o proceso de selección de alumnos do curso de cantería, oficio no que se rexistra unha alta demanda laboral.