DEPORTES
O campo de fútbol das Cancelas renova o seu céspede artificial
O Goberno local adxudicou as obras de reforma do campo de fútbol das Cancelas. Dedicarase un orzamento de 248.462 euros a unha actuación que suporá a substitución do actual céspede artificial por outro novo e a renovación doutras instalacións complementarias. O prazo de execución é de 28 días.
PERSOAL
A oferta de emprego do Concello para 2007 inclúe dez novas prazas
A Xunta de Goberno local aprobou a oferta de emprego do Concello para o ano 2007. Trátase de nove prazas de funcionario de carreira e unha de persoal laboral.
CONSORCIO
A rehabilitación integral da Casa do Deán permitirá unha mellor atención ao peregrino
A Casa do Deán, un dos edificios máis emblemáticos de Santiago e catalogado como edificación monumental, vai ser rehabilitado polo Consorcio de Santiago. Trátase de dignificar o espazo de acollida e recepción de peregrinos.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Cincuenta e unha persoas acceden ao mercado laboral a través do Persoa III
Cincuenta e unha persoas que participan no Proxecto Persoa III, posto en marcha pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, accederon ao mercado laboral. Esta cifra representa o 57% do total. Destas 51 persoas, 47 están traballando na actualidade, e as outras catro traballaron en algunha fase do proxecto.
ALCALDÍA
Visita Raxoi o secretario de Estado de Medio Ambiente da República Dominicana
O secretario de Estado de Medio Ambiente e Recursos Naturais da República Dominicana, Maximiliano Puig, está de visita en Galicia. Aquí está a manter distintas xuntanzas co fin de establecer fórmulas de colaboración entre o país caribeño e Galicia en materia de xestión medioambiental.