TRANSPORTES
O rede de transporte urbano incorpora nove novas unidades
O Concello de Santiago e a empresa municipal TUSSA, xunto coa nova operadora de transporte urbano Tralusa, presentaron as novas unidades de vehículos para a rede de transporte urbano. Trátase de nove novos vehículos, nos que se investiron máis de 1.650.000 euros.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Máis da metade dos usuarios do Proxecto Crear III teñen un emprego na actualidade
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou os resultados do Proxecto Crear III, que se clausura no Pazo de Raxoi co acto de entrega de diplomas aos participantes. 56 dos 100 usuarios do programa están traballando nestes momentos. 29 son mulleres e os outros 27 homes.
EDUCACIÓN
Compostela, en clave de danza
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou o certame "Compostela en danza", que se celebrará o sábado 12 de maio, ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia. Alumnos de educación infantil, primaria e secundaria serán os protagonistas deste evento.
MEDIO AMBIENTE
As obras da nova estación depuradora do Sar poderían estar licitadas a finais de 2007
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse co presidente da Confederación Hidrográfica do Norte, Jorge Marquínez; co director de Augas de Galicia, Emilio Romero; e co conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, para falar da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). Na xuntanza presentouse o estudo de alternativas para esta infraestrutura, a máis custosa do novo saneamento de Santiago. As obras poderían estar licitadas a finais de 2007.
TURISMO
Un novo vídeo promocional marcará o inicio da renovación da imaxe turística da cidade
O Consello de Aministración da Empresa Municipal Incolsa-Turismo de Santiago aprobou a realización dun novo vídeo de promoción turística de Compostela. Este vídeo iniciará a renovación da imaxe da cidade ante os mercados nacionais e internacionais, turoperadores e público final.
ALCALDÍA
Traballo en conxunto para facer do Tambre a mellor área empresarial de Galicia
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á nova xunta directiva da Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, encabezada polo seu novo presidente, Jesús Chenel.
TURISMO
Medran as pernoctacións e as consultas de visitantes estranxeiros no primeiro trimestre de 2007
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, presentou os indicadores turísticos do primeiro trimestre de 2007. Estas cifras reflicten uns bos resultados, cun incremento das cifras de ocupación respecto ao mesmo período de 2006.
CONSORCIO
A catedral e tres igrexas da cidade acollerán o Compostela Organum Festival
Entre o 5 e o 26 de maio a Catedral e tres igrexas da cidade -Ánimas, San Miguel dos Agros e San Paio de Antealtares, cuxos órganos foron restaurados polo Consorcio- acollen o ciclo de música Compostela Organum Festival, unha iniciativa estreitamente vencellada ao patrimonio relixioso da cidade e á revitalización dos órganos destes templos, herdeiros dunha tradición musical secular na historia de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
O CSC de Vite celebra a súa XVI Semana-Aniversario
Entre o mércores 2 de maio, e o vindeiro sábado día 5 o Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite celebra a súa XVI Semana-Aniversario, que será inaugurada ás 20.00 horas pola concelleira Guadalupe Rodríguez.
CULTURA
"A Nosa Clave" xuntará a máis de 200 persoas sobre o escenario do Auditorio de Galicia
O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, presentou o programa de "A Nosa Clave 2007", que terá lugar o sábado 5 de maio e que reunirá a máis de 200 persoas xuntas no escenario do Auditorio de Galicia. O evento terá lugar ás 21:00 horas e a entrada será de balde.