EDUCACIÓN
Preséntase en Compostela a Carta de Cidades Educadoras
Santiago é unha das máis de 300 cidades de todo o mundo integrantes da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE). Esas cidades asumiran o compromiso de difundir a Carta de Cidades Educadoras. Compostela faino agora, coa difusión entre todos os membros da comunidade escolar e entre a cidadanía en xeral deste documento.
LINGUA
O Concello reafirma o seu compromiso coa nosa lingua nos actos con motivo do Día das Letras Galegas
O hotel Porta do Camiño acolleu unha recepción institucional con motivo do Día das Letras Galegas, este ano dedicada a María Mariño. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, presidiron este evento, no que participaron as asociacións veciñais e diversas entidades e persoas relacionadas coa lingua galega.
TURISMO
Turismo de Santiago presenta a Compostela ante a prensa e os turoperadores irlandeses
A Empresa Municipal de Turismo compostelá, en colaboración coa Oficina Española de Turismo de Dublín e Aer Lingus, ofreceu unha presentación-almorzo en Dublín para promover a viaxe a Compostela cos voos directos que operan desde Lavacolla.