TURISMO
Unha visión diferente de Compostela a través dos seus conventos
Durante este verán, os turistas que chegan a Compostela están a descubrir máis polo miúdo os conventos da cidade. As visitas específicas programadas por Turismo de Santiago e a exposición "Intramuros", promovida polo Consorcio, están a facilitar este coñecemento exhaustivo.
CULTURA
Os mellores ritmos tradicionais nunha nova xornada de "Música na rúa"
Música na Rúa achégase ao seu fin. Na súa penúltima xornada, o mércores 30, trae as actuacións da Colexiata do Sar e de Pablo Seoane. As actuacións terán lugar nas prazas de Praterías e Mazarelos, respectivamente, ás 20:30 e 21:30 horas.
ALCALDÍA
A rehabilitación dos polígonos de vivendas de Vista Alegre e Pontepedriña, protagonista dun novo número da revista de información municipal
Nestes días os cidadáns están recibindo nas súas casas unha nova edición de "Santiago de Compostela", a publicación de información municipal. O número de verán ten como principal tema de análise a rehabilitación dos polígonos de vivendas de Vista Alegre e Pontepedriña.