ALCALDÍA
O Consello de Comunidades Galegas aborda o papel da emigración no futuro Estatuto e a reforma da Lei da Galeguidade
O Auditorio de Galicia acolle o 23 e o 24 de agosto o VIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Os representantes das 154 entidades do exterior coa galeguidade recoñecida están a debater sobre dous temas que afectan directamente aos galegos e galegas residentes no exterior: o seu papel no novo Estatuto de Autonomía e a reforma da Lei da Galeguidade.
DEPORTES
Directivos e técnicos galegos e portugueses analizan en Santiago o fútbol base
Santiago de Compostela será a sede do I Congreso Internacional Gallaecia- Fútbol Base, que nesta primeira edición analizará e debaterá diferentes aspectos da práctica deportiva dos mozos e mozas. O acto enmárcase nos actos da Fase Final da Copa Gallaecia, que organizan conxuntamente a Fundación Compostela Deporte e a Federación Galega de Fútbol.
CULTURA
O Festival d’Gorra entra na súa recta final
O Festival d’Gorra entra nos seus últimos tres días e faino cunha nova xornada chea de acrobacias e humor. O público segue a responder á chamada dos artistas do circo e participa activamente nestes eventos que están a levar o espectáculo circense ás rúas do casco antigo compostelán.
CULTURA
Tres novas actuacións en "Feitoamán"
A antepenúltima xornada de "Feitoamán" trae tres actuacións á Praza do Matadoiro, á Vía Sacra e á Praza de San Martiño Pinario. A partir das 22:30 horas, alí actuarán respectivamente Héctor Lorenzo e Pablo Seoane, Carmen Rey Quinteto e Xacobe Martínez Antelo Quinteto.