CULTURA
Chega a Compostela a mellor música electrónica do momento
Electro Sonx chega a Compostela cos mellores ritmos electrónicos. O sábado 19 de agosto, ás 21:30 horas, a Praza da Música (ao carón do Auditorio) acollerá a actuación de DJ Maral Salmassi, Wagon Cooking, Alcohol Jazz, DJ Telephunken, DJ Grobas, DJ Darkrow e o Colectivo Oruga. Unha posibilidade para que todos e todas poidan gozar con algúns dos artistas que trunfan nos certames máis prestixiosos e actuais. A entrada é libre.
CULTURA
Máis diversión para todos os públicos no Festival d`Gorra
O Festival d’Gorra agarda unha tregua do tempo para que os artistas do circo poidan seguir saíndo á rúa. Se a choiva o permite, o público poderá gozar un día máis das habilidades e simpatía dos artistas.
CURTOCIRCUITO
As mellores curtas documentais internacionais exhibíronse na Praza de Abastos
Como chovía, a quinta sesión de CurtoCircuíto na Rúa celebrouse na Praza de Abastos, onde se xuntaron unhas 300 persoas para ver as mellores curtas documentais do panorama internacional. Continuaron as votacións do público para escoller as mellores curtas proxectadas na rúa este ano.