PROTECCIÓN ANIMAL
O refuxio de Bando incrementa a recepción de animais nestes meses de verán
A época de vacacións e, sobre todo, a chegada da época de xestación de gatas e cadelas fai que durante estes meses se incremente o número de animais que chegan ata o refuxio de Animais de Bando. Máis de 300 cans e gatos moran nestes intres nas instalacións, á espera da súa adopción.
CULTURA
Nova cita co circo de rúa no Festival d`Gorra
A expensas do que dispoña a meteoroloxía, visitantes e veciños volverán a amorearse arredor dos artistas que participan no Festival d’Gorra. Para o venres 18 está prevista unha nova xornada de clown, malabares e diversión.
CULTURA
Jazz e música brasileira para unha nova xornada de "Feitoamán"
Agosto segue a ser un mes cheo de música en Compostela, grazas a "Feitoamán". O festival trae o venres 18 dúas novas propostas musicais, Leo Giannetto’s Jazz Project e Fredy Fevereiro.
CULTURA
O espectáculo de monicreques "Galicia máxica" trasládase ao Teatro Principal
Por mor da choiva, o espectáculo "Galicia Máxica", que se viña representando no Paseo de central da Alameda ás 22:45 horas, adianta a hora de inicio para as 21.00 horas e trasládase para o Teatro Principal.
DEPORTES
Santiago acollerá a fase final da I Copa Gallaecia de fútbol sub-17
Os días 26 e 27 de agosto Santiago de Compostela será a referencia do fútbol base de Galicia e do Norte de Portugal coa disputa da fase final da primeira edición da Copa Gallaecia para as categorías sub-17.Esta competición, ideada pola Fundación Compostela deporte,botou a andar no pasado mes de maio coa disputa da fase previa, na que tomaron parte as seleccións das sete cidades galegas: Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra, Vigo e Ourense e as portuguesas de Porto, Braga, Viana, Bragança e Vila Real.