FESTAS
Oito grupos tradicionais do folclore galego inundan cos seus sons e bailes a Praza da Quintana
As Festas do Apóstolo arrincan cun cartel de luxo. Agardan 17 días cheos de actividades, grandes espectáculos e concertos pensados para o goce de toda a familia, os máis mozos e os turistas.
FESTAS
O pregón de Manuel San Martín e a actuación de Rosa reunen a milleiros de persoas na Praza do Obradoiro
Varios milleiros de persoas encheron a Praza do Obradoiro para dar comezo a unha nova edición das Festas do Apóstolo. O pregón do actor compostelán Manuel San Martín e a actuación posterior de Rosa congregaron a composteláns e visitantes nunha noite calurosa, luminosa e chea de festa. Por diante, dezasete días de actuacións e actividades para todos.
EDUCACIÓN
Regresaron os participantes no programa "Barcelona, Educa"
Os rapaces e rapaces que participaron no programa "Barcelona, Educa" regresaron a Santiago tras pasar cinco días na Cidade Condal. Esta viaxe, organizada pola Concellaría de Educación quería ofrecer aos participantes un descubrimento global da cidade e espertarlles a curiosidade necesaria para coñecer e entender todos aqueles elementos e feitos que a caracterizan.