FACENDA
O Concello introduce novas melloras para facilitar aos cidadáns as súas xestións tributarias
A incorporación de máis posibilidades nas pasarelas de pago e a opción de facer autoliquidacións na web municipal son dúas das melloras que vén de introducir a administración municipal en beneficio dos cidadáns. As novidades, que se están a introducir de forma progresiva e continuarán en 2007, foron presentadas polo concelleiro de Facenda e Orzamentos, Xaquín Fernández Leiceaga.
POLÍTICA LINGÜÍSTICA
As empresas Aceiro e T44 fanse co Premio Manuel Beiras polos seus esforzos en prol da normalización do galego
Os establecementos comerciais Aceiro e T44, gañaron a edición 2006 do Premio Manuel Beiras, segundo anunciou en rolda de prensa o concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas. Con este premio recoñécese o labor en prol da normalización do uso do galego no sector empresarial. Esta edición contou con 66 participantes.
VIVENDA
Rematadas 57 novas vivendas protexidas en Conxo
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao acto de celebración do fin de obra de 57 novas vivendas protexidas. Construíronse en réxime de cooperativa e están situadas na rúa dos Irmáns Vilar Ponte, en Pontepereda-Conxo.