ALCALDÍA
Bilbao xa ten unha avenida en Compostela
No acto de inauguración da avenida que leva o nome da cidade vasca, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, estivo acompañado polo rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna.
DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A erradicación da violencia de xénero, "un traballo conxunto" de homes e mulleres
Nun acto celebrado na praza do Toural, a xornalista Irene Lourido leu un manifesto chamando pola "unión" de homes e mulleres para erradicar a violencia de xénero. Mentres, un grupo de compañeiros tamén xornalistas, en representación das vítimas, ían pendurando do Pazo de Bendaña frases de sensibilización en resposta a algunhas das actitudes machistas máis frecuentes.
MULLER
"Non esperes a que ocorra", lema do traballo gañador dos premios 25 de novembro contra a violencia de xénero
María Ignacia Camiña, alumna de 4º da ESO do IES Rosalía de Castro foi a gañadora do primeiro premio da VI edición do concurso "Educando na convivencia en igualdade". O segundo galardón recaeu en Rebeca Bernárdez, do mesmo curso e do mesmo centro, cun debuxo no que se podía ler o lema "As bágoas non son o camiño".
EDUCACIÓN
Xa están abertos os prazos para participar nos premios Vagalume e no concurso de carteis e programa de Nadal 2006
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou a XIV edición dos premios Vagalume, programa que ten por obxectivo recoñercer o traballo que persoas individuais e colectivos da cidade realizan cunha clara vocación social.
EDUCACIÓN
O Centro sociocultural do Ensanche acollerá cursos de software libre, informática e curtas
O Centro sociocultural e xuvenil do Ensanche é un espazo especializado nas novas tecnoloxías, dotado de equipos e programas informáticos dirixidos especialmente á mocidade. Promove a formación básica de mozas e mozos fomentando o emprego das ferramentas dispoñibles de software libre.
SANIDADE
Bugallo inaugura un simpsio contra o cancro
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou esta tarde un simposio no que se analizarán os resultados médicos obtidos nas terapias de tratamentos de cancro que introducen o taxano como principio activo nas sesións de quimioterapia.