MULLER
Santiago únese á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
O sábado 25 de novembro celébrase o Día Internacional da Loita contra a Violencia Doméstica. Con este motivo, o Concello preparou unha serie de actos ao longo de tres días.
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Unha nova serigrafía para agasallo institucional recolle a imaxe da máis moderna e dinámica Compostela
Os visitantes máis ilustres de Raxoi recibirán como agasallo unha nova serigrafía, obra do artista Zurzo Martiño. Trátase dunha representación de Compostela en catro cores, que amosa "unha visión nova de Santiago, moderna, dinámica e adecuada á arte actual", segundo apuntou a concelleira de Presidencia e Relacións Institucionais, Teresa García-Sabell.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Organizacións e entidades comprometidas co autoemprego colaboran por primeira vez nunha xornada sobre emprendedores
O Concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou a Primeira Xornada do Emprendedor Compostelán, que se celebrará o 12 de decembro no Pazo de Congresos de Santiago. É a primeira vez que as organizacións e entidades comprometidas co fomento do autoemprego a través da creación de novas empresas colaboran no desenvolvemento dunha iniciativa deste tipo
TURISMO
Compostela promóvese en Milán e Barcelona como sede de congresos
O Santiago de Compostela Convention Bureau participa o xoves 23 na presentación da Alianza de Cidades Patrimonio de Congresos de España en Milán, e estará presente na vindeira semana na terceira edición en Barcelona da feira EIBTM, a máis importante de Europa para a promoción de congresos e viaxes de incentivos.
DEPORTES
O alcalde recibe á directiva do Club Triatlón Bricosa
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu na Casa do Concello á directiva do Club Triatlón Bricosa, encontro no que tamén estivo presente o concelleiro de Deportes, Manuel Portas.