CULTURA
A cultura compostelá trasládase a Santiago de Cuba
No marco do irmandamento entre Santiago de Compostela e Santiago de Cuba, a Concellaría de Cultura celebra o programa "Os camiños de Santiago". Do 6 ao 14 de novembro, un amplo grupo de artistas composteláns ofrecerán unha mostra da nosa cultura na vila caribeña, no que será un auténtico "diálogo cultural", tal como o definiu o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación das actividades.
CULTURA
Cineuropa premia a traxectoria do compositor Stephen Warbeck
O festival Cineuropa comeza cun concerto inaugural no Auditorio de Galicia. Nel, a Real Filharmonía interpreta cinco pezas musicais protagonistas de bandas sonoras, entre elas dúas compostas por Stephen Warbeck, as de Shakespeare in love e Billy Elliot. Neste mesmo acto entregaráselle un dos premios de Cineuropa deste ano ao compositor Stephen Warbeck, gañador dun Oscar pola banda sonora do filme Shakespeare in love, que tamén foi nominada para os premios Grammy.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Tres empresas creadas a partir do proxecto Equal Compostela Social comezan a súa actividade
O proxecto Equal Compostela Social segue xerando novas empresas, nacidas a partir da iniciativa dos seus participantes. Cando queda un ano para o remate do proxecto, son xa 17 as empresas que xa comezaron a súa actividade ou están a piques de facelo, e outras dez atópanse en fase de constitución. Para os próximos días está prevista a inauguración de tres novos proxectos empresariais, todos eles promovidos por mulleres.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Un grupo de exposicións itinerantes invita aos composteláns a coñecer a historia dos seus barrios
O venres 3 de novembro, ás 20.00 horas, inaugúrase no Centro Sociocultural da Trisca a exposición "A historia vai por barrios", un proxecto que a concelleira de Centros Socioculturais, Mercedes Rosón, define como "un dos máis cobizosos" da rede centros dende o seu funcionamento. A primeira das exposicións dará a coñecer a historia do barrio de San Pedro, pero logo virán os de Villestro, Vite, Enfesta, A Rocha e o Ensanche. A mostra comezará no barrio implicado, pero logo pasará polo resto de...
DEPORTES
Óscar Pereiro apadriña as bolsas 2006 da Fundación Compostela Deporte
O mércores 8 de novembro, ás 20:00 horas, entregaranse no Auditorio de Galicia e as bolsas 2006 para deportistas individuais convocadas pola Fundación Compostela Deporte. Esta edición contará co apadriñamento do ciclista galego Óscar Pereiro.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
A Comisión do Casco Histórico aproba a rehabilitación da capela do Hostal dos Reis Católicos
Tamén obtiveron o visto e prace as obras de rehabilitación para a ala sur da catedral e a segunda fase de restauración do Paseo da Alameda.