EMPREGO
Sae á rúa o segundo número de "Máiscompostela", un boletín de ofertas de emprego gratuíto editado por Promoción Económica
O segundo número do Boletín de ofertas de emprego Máiscompostela, editado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, estase a distribuír de balde en lugares de alta afluencia de persoas: centros de saúde, oficinas de emprego, servizos administrativos (oficina DNI, etc.), centros socioculturais, oficinas municipais de información á cidadanía, bibliotecas, etc. Esta publicación ten unha tirada de 1.000 exemplares.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica, na presentación dun novo proxecto estatal para a busca de emprego en liña
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asistiu na sede do Ministerio de Traballo e Inmigración, en Madrid, acompañado dun técnico de emprego, á presentación de Red Trabaja. A secretaria xeral de Emprego, Maravillas Rojo, explicouos detalles do proxecto aos responsables das entidades que integran REDEL, a Rede de Entidades para o Desenvolvemento Local.
DEPORTES
Os máis novos, protagonistas dunha nova edición do Día da Bicicleta
Varios centos de ciclistas, moitos deles de curta idade, participaron no XXI Día da Bicicleta. Todos eles partiron do Paxonal para percorrer varias rúas da cidade ata chegar á praza do Obradoiro. Todos os participantes recibiron agasallos.
CURTOCIRCUÍTO
O filme británico "Rabbit Punch" gaña o gran premio internacional de Curtocircuíto
Unha gala puxo fin á sexta edición do Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto. O Gran Premio Internacional foi para o filme de animación británico Rabbit Punch, de Kristian Andrews.
ALCALDÍA
O alcalde está convencido de que 2010 será un ano récord para Lavacolla
Na súa rolda de prensa semanal, o alcalde compostelán confirmou "os bos datos" que está a ter o aeroporto de Santiago, en referencia ao número de pasaxeiros, amosouse "convencido" de que 2010 "a pouco ben que se fagan as cousas" será un "ano récord" para Lavacolla.
ALCALDÍA
O Concello concede a Medalla de Ouro da Cidade a Gerardo Fernández Albor e noméao Fillo Predilecto
O ex-presidente da Xunta de Galicia Gerardo Fernández Albor recibirá esta tarde, a partir das 19.00 h, no Hostal dos Reis Católicos a Medalla de Ouro da Cidade ao Mérito Cidadán de mans do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Tamén será nomeado Fillo Predilecto.
CIDADE HISTÓRICA E REHABILITACIÓN
Olga Pedreira presenta os traballos de limpeza e consolidación do xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha
Os restos arqueolóxicos do Castelo da Rocha son a testemuña dunha das partes máis interesante da Historia medieval de Santiago da que aínda resta moito por coñecer. Olga Pedreira explicou hoxe as medidas que desde a Concellaría de Cidade Histórica e Rehabilitación van levar adiante para limpar e consolidar o xacemento arqueolóxico para que no futuro poda ampliarse o seu estudo. Durante a súa intervención estivo acompañada pola arqueóloga municipal, Dolores Cerqueiro Landín
BENESTAR SOCIAL
Santiago de Compostela actúa contra a pobreza e polos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio
O Concello de Santiago de Compostela únese este sábado, 17 de outubro, á celebración do Día internacional para a erradicación da pobreza, secundando así a convocatoria promovida polo colectivo Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU) e respaldado pola Federación Española de Municipios a través da iniciativa "Alcades en Acción Unidos contra a Pobreza"
ALCALDÍA
O Concello colabora coa Asociación de Persoas Xordas no servizo de interpretación da linguaxe de signos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asinou no Pazo de Raxoi un convenio de colaboración co vicepresidente da Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, José Antonio Pais Freire. En virtude deste convenio, a entidade municipal aporta 8.500 euros para o servizo de intérprete de linguaxe de signos.
EDUCACIÓN
Os rapaces composteláns coñecerán a maxia da robótica nunha nova edición da Semana da Ciencia
Con motivo da celebración da Semana da Ciencia do 9 ao 14 de novembro, a Institución Galega da Ciencia (IGACIENCIA) e a Concellería de Educación do Concello de Santiago organizan a actividade "A maxia da robótica", que terá lugar na Casa das Asociacións, sita na antiga estación de Cornes. A concelleira de Educación, Mercedes Rosón, presentou en rolda de prensa as actividades que se realizarán.